O coro Encaixe actuará o vindeiro sábado 6 de agosto na praza García Barbón de Verín |
|
|
|
Martes, 02 Agosto 2022 17:18 |
O vindeiro sábado 6 de agosto, ás 21:00 horas, a Praza García Barbón de Verín acollerá a actuación do coro Encaixe, unha proposta musical diferente, novidosa e divertida nacida das inquietudes e gustos musicais e artísticos de todos os artistas que compoñen esta formación vocal. |
Ler máis...
|
Maxia nas piscinas descubertas de Verín con Dani García |
|
|
|
Martes, 02 Agosto 2022 11:51 |
O Festival Mundial de Maxia Galicia Ilusiona, chega as Piscinas descubertas de Verín o xoves día 4 de agosto, ás 18:00 horas, onde Dani García, ilusionista galego, fará un espectáculo que non deixará a ninguén indiferente.
|
Ler máis...
|
Aberto o prazo de inscrición para a tempada 2022-2023 das Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol Sala do Concello de Verín |
|
|
|
Martes, 02 Agosto 2022 11:38 |
A área de Deportes do Concello de Verín informa que xa está aberto o prazo de inscrición para as disciplinas de Fútbol e Fútbol Sala impartidas nas Escolas Deportivas Municipais do Complexo Deportivo da Granxa. O prazo de solicitudes estará aberto ata o 20 de agosto. A lista de admitidos confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de rexistrados na actividade consiga o mínimo pertinente considerado pola organización.
|
Ler máis...
|
O Concello de Verín expresa as súas condolencias polo falecemento de Cristina Mariño, filla do deseñador de moda verinesa Roberto Verino |
|
|
|
Luns, 01 Agosto 2022 11:47 |
|
Ler máis...
|
O Concello asina a renovación do convenio con COGAMI para promover a inserción laboral de persoas discapacitadas |
|
|
|
Mércores, 27 Xullo 2022 13:12 |
O presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Anxo Antón Queiruga Vila, reuniuse hoxe co alcalde de Verín para renovar un acordo cara á inclusión no mercado laboral das persoas discapacitadas.
O acordo ten como obxectivo a cesión de instalacións municipais a COGAMI de xeito gratuíto. Estas son utilizadas para a creación dun punto de información, asesoramento e espazo informativo desde o que desenvolver a súa actividade. Preténdese así mellorar as oportunidades das persoas discapacitadas no municipio, potenciando a colaboración con empresas da contorna.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 Seguinte > Final >>
|
Páxina 89 de 1000 |