Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O pleno dá luz verde ao orzamento municipal de 2026, que ascende a 16 millóns e prioriza investimento e políticas sociais. PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 30 Novembro 2025 00:56

Pleno Concello Verín, 27 de novembro de 2026. O Pleno da Corporación aprobou esta mañá de forma inicial o Orzamento Xeral de 2026, unha ferramenta económica que medra ata os 16.054.179,57 euros e que, segundo subliña o executivo municipal, «pretende dar resposta ás necesidades reais da veciñanza con rigor financeiro, estabilidade e sentido de utilidade pública».


Ler máis...
 
Verín acolle a VI Gala da Igualdade do CMUS no Auditorio Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Novembro 2025 20:51

O vindeiro martes 2 de decembro, ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá unha nova edición da Gala da Igualdade, un evento que une cultura, compromiso e talento local para poñer en valor os principios de xustiza, igualdade, inclusión e non discriminación. A gala, organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Verín (CMUS), a súa ANPA e o Concello de Verín, estará dedicada a Santa Icía, patroa da música e das persoas músicas.

Ler máis...
 
Verín presenta unha nova edición da súa Feira de Nadal, que reunirá 29 expositores e unha variada oferta cultural na Praza Maior PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Novembro 2025 16:29

O Concello de Verín deu a coñecer hoxe a programación e os detalles da nova edición da Feira de Nadal, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de decembro na Praza Maior. Así o confirmaron os concelleiros Manuel Lorenzo, responsable da área de Transportes, Feiras e Xuventude, e Samanta Barreira, concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, quen coincidiron en destacar «o papel dinamizador desta feira, que combina artesanía, gastronomía, participación cidadá e espírito festivo no corazón da vila.»


A feira reunirá 29 expositores distribuídos en 21 postos, nos que o público poderá atopar unha ampla selección de produtos artesanais e gastronómicos. Entre os participantes figuran 5 artesáns con recoñecemento oficial, tres deles amparados polo selo Artesanía de Galicia e outros dous polo sistema portugués CEARTO. A oferta abrangue desde cerámica, coiro, marroquinería, pintura, ilustración e gravado en madeira até artesanía natural, cestería, sublimación ou xoias en arxila polimérica. A organización salienta tamén a presenza de oito artesáns da comarca, que presentarán produtos típicos do Nadal como adornos, centros de mesa, velas, crochet ou artigos florais.

No apartado gastronómico, o evento ofrecerá cinco stands especializados, onde se poderán degustar lambetadas propias destas festas: gofres, crepes, chocolate quente con churros, algodón de azucre, garrapiñadas ou mel artesanal. A feira contará novamente coa participación de dous centros educativos —IES García Barbón e CEIP Princesa de España—, que exhibirán produtos elaborados polo alumnado con fins educativos e solidarios. A Asociación Miquiños tamén estará presente cun espazo destinado á recadación de fondos a través do seu merchandising.

Esta edición mantén o seu carácter transfronteirizo e diverso, con 16 expositores locais e comarcais, ademais de participantes procedentes doutras zonas de Ourense, Lugo e Portugal. A organización subliña que esta combinación converte a Feira de Nadal «nun auténtico escaparate da creatividade e sabores variados», tanto pola variedade dos produtos como pola mestura de técnicas artesanais tradicionais e actuais.

A programación cultural prevista complementarase con actividades orientadas ao público familiar. O venres 5, ás 18:00 horas, a feira abrirá cuhna animación de rúa cheo de maxia, música, luz e cor, que percorrerá o recinto feiral.

O sábado 6, ás 12:00 horas, terá lugar a actuación da Coral de Verín; ás 12:00h posteriormente terá lugar o espectáculo infantil de “Peter Punk: Un Nadal Chungo que te Cagas”, unha función na que o pallaso máis punk do país lle dá a volta ao Nadal cun humor irreverente, retranqueiro e absolutamente tolo. Malabares, lume, música e un desbordante talento escénico combínanse nun show universal no que Peter Punk reformula á súa maneira árbores, luces e tradicións. Pola tarde, ás 17:00 horas, terá lugar a actuación da Coral de Verín.

Para o domingo 7, a actividade iniciarase ás 12:00 horas coa actuación de Diversity Danza, mentres que das 17:00 as 20:00 h horas chegará un dos momentos máis agardados: a visita de Papá Noel, que recollerá as cartas da cativada e posará con eles para inmortalizar o momento.

Ademais, durante as tres xornadas desenvolveranse obradoiros infantís diarios, orientados a fomentar a creatividade dos máis pequenos.

A feira desenvolverase o venres de 17:00 a 21:00 horas e, tanto o sábado como o domingo, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas. Ademais da zona expositiva e da programación cultural, o evento incorporará os tradicionais actos de clausura: a entrega de diplomas aos participantes e o sorteo da Cesta de Nadal, que se realizará o domingo ás 19:45 horas no stand da organización. A xornada pechará coa entrega do Premio ao Mellor Stand Natalicio, recoñecemento que distingue a presentación máis destacada do recinto feiral.

A Feira de Nadal de Verín reafírmase así como unha das citas máis sinaladas do calendario local, combinando espírito festivo, apoio ao tecido artesán e dinamización económica, cunha proposta dirixida tanto á veciñanza como aos visitantes que se acheguen á vila na ponte da Constitución.

 

 
O Concello de Verín completa os trámites de resolución do contrato dos radares, que tería custado 6 millóns de euros a todos os verineses PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Novembro 2025 10:04

Logo dun complexo e dilatado  procedemento administrativo, non exento de polémicas, o Concello de Verín vén de completar os trámites para rescindir definitivamente e dar por cumplida a sentenza de liquidación do contrato que o anterior equipo de goberno municipal adxudicara a Bilbomática Veicar Verin UTE, para recadar seis millóns de euros en multas impostas a través de radares de velocidade nas rúas da cidade do Támega.

Ler máis...
 
O Concello de Verín finaliza a tramitación da súa actuación máis ambiciosa no casco vello desde as reformas propiciadas por García Barbón PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Novembro 2025 12:11

O Pleno do Concello de Verín rematou hoxe coa complexa tramitación administrativa que permitirá abordar humanización da contorna da Igrexa Parroquial de Santa María a Maior, creando unha gran zona verde ao seu arredor que conectará a Alameda e a Rúa Maior con 4.500 m² de zona verde. En palabras do goberno municipal, “esta actuación ten un sentido histórico, xa que se trata da máis ambiciosa no casco vello desde que, hai máis dun século, o filántropo García Barbón financiou a ampliación da Praza que hoxe leva o seu nome, así como a reforma da propia Igrexa”.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 1005
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>