Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

BANDO: Estrea do filme María Solinha de Ignacio Vilar no Autocine de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Xuño 2020 10:17

 GERARDO SEOANE FIDALGO, Alcalde do Ilustrísimo Concello de Verín (Ourense), FAGO SABER:


Que con motivo da instalación do Autocine no que se estreará o filme “María Solinha” o vindeiro domingo días 21 de xuño, e para asegurar o bo desenvolvemento da mesma, o ESTACIONAMENTO QUEDARÁ RESTRINXIDO no Aparcadoiro Libre Gratuito nº 8 (entrada pola Avda. de Portugal xunto ao nº 30) dende as 10:00 horas do propio domingo 21 ata as 07:00 horas do luns 22 de xuño.

Ler máis...
 
Protección Civil de Verín realizou un total de 75 actuacións durante o estado de alarma PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Xuño 2020 11:32

 A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín realizou un total de 75 actuacións de asistencia á cidadanía en Verín durante a vixencia do estado alarma provocado pola  Covid-19. Ademais dos seus labores habituais, os voluntarios realizaron tarefas de repartición de alimentos, medicamentos e material escolar, desinfección de vehículos de emerxencia da comarca e apoio loxístico aos corpos e forzas de seguridade do estado, o que supón máis de 680 horas traballadas en tarefas de asistencia aos colectivos máis vulnerables e de prevención.

Ler máis...
 
O Concello de Verín retoma ORA a partir do luns 22 de xuño PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Xuño 2020 13:40

O Concello de Verín retoma o vindeiro luns, 22 de xuño, o sistema de Ordenanza Reguladora do Aparcamento (ORA) que se atopaba suspendido desde o pasado 16 de marzo, momento no que se declarou o estado de alarma para previr a propagación da COVID-19.

Ler máis...
 
Aberto o prazo para inscribirse na Ludoteca de verán “ Convive en Igualdade” e no Campamento urbano “Támega” - 2020 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 16 Xuño 2020 13:25

O vindeiro  xoves 18 de xuño ábrese o prazo de inscrición da Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e do Campamento urbano “Támega” para o ano 2020, iniciativas organizadas pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín. Este ano, regresan as actividades con importantes  novidades orientadas a manter a seguridade dos seus usuarios e cos firmes obxectivos de axudar aos veciños a conciliar a súa vida laboral e familiar, así como de promover a igualdade entre todas as persoas.

Ler máis...
 
Pleno Extraordinario: 15 de xuño de 2020 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Xuño 2020 12:58

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos: 

1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DE DATA 27/05/2020

2. Adxudicación Operación de Crédito a longo prazo para financiar gastos de investimentos 1/2020 (Expte:1555/2020)

3. Expediente 1624/2020. SUSPENSIÓN TAXAS OCUPACIÓN VÍA PÚBLICA EXERCICIO 2020 (POSTOS FEIRAS 3, 11 E 23) )

4. SORTEO MEMBROS MESAS ELECTORAIS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA 12/07/2020

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 819

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac