Verín presenta a súa programación de Nadal |
|
|
|
Venres, 06 Decembro 2019 17:52 |
A axenda de actividades de Nadal está composta por máis dunha decena de propostas culturais e de lecer para todos os públicos; entre os que se inclúen concertos, teatro, obradoiros, mercados e feiras específicas, actividades para os centros de maiores, actividade diaria na Ludoteca (para conciliar a vida familiar e laboral), iniciativas sociais e comerciais, xunto coa tradicional cabalgata de Reis.
Do programa do Nadal, que se pode consultar na páxina web do Concello e que será distribuído polos diferentes centros municipais e establecementos comerciais e hostaleiros da vila, caben destacar as seguintes actividades: |
Ler máis...
|
“Frozen 2” e “El Silencio de la Ciudad Blanca” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Martes, 10 Decembro 2019 16:52 |
Durante os días 13, 14 e 15 de decembro, o cinema municipal de Verín acolle as proxeccións das películas “Frozen 2” e “El Silencio de la Ciudad Blanca” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
Calidade e prestixio cinematográfico foron as pedras angulares da cuarta edición do FIC Vía XIV Verín,que hoxe entregou os seus |
|
|
|
Sábado, 07 Decembro 2019 00:00 |
O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, pecha a súa cuarta edición tras unha semana na que se proxectou unha programación “de grandísima calidade”, tal e coma sinalou o director do certame, Carlos Montero, na gala de clausura celebrada esta noite no Auditorio de Verín. “Que acertamos coa nosa programación é un feito incontestable”, manifestou Montero e engadiu que “moitas das pezas exhibidas este ano recibiron premios a nivel nacional e internacional”. “Este ano tivemos na programación, ademais, dúas obras nominadas aos Goya 2020 e incluso estivo entre nós un dos directores nominados David Fidalgo”, abundou. |
Ler máis...
|
Mabel Rivera conquista ao público en Verín |
|
|
|
Venres, 06 Decembro 2019 00:00 |
A actriz de Ferrol Mabel Rivera, ben coñecida polo gran público grazas aos seus papeis en televisión e cinema, foi homenaxeada este ano pola Dirección do FIC Vía XIV de Verín, cun acto que se desenvolveu este serán no Auditorio da vila. Deste xeito, Rivera tomou o relevo de Antonio Durán “Morris”, a quen o Festival de Curtas de Verín rendeu homenaxe o ano pasado. Os verinenses que asistiron á homenaxe a Rivera puideron, ademais, desfrutar dunha selección de curtas da súa filmografía. |
Ler máis...
|
Un grupo de estudantes europeos acode á proxección dos filmes integrados na retrospectiva ‘As dúas caras do Sahara Occidental’ do FIC Vía XIV |
|
|
|
Xoves, 05 Decembro 2019 00:00 |
Un grupo de 20 estudantes, procedente de diversos países coma Finlandia, Hungría, Italia e Portugal, tivo a oportunidade de visionar a programación integrada no marco da actividade paralela ‘As dúas caras do Sahara Occidental’, durante a mañá do xoves 5 de decembro na Casa da Cultura de Verín. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 Seguinte > Final >>
|
Páxina 200 de 995 |