O Museo Claustro Mercedario e o IES Xesús Taboada Chivite unen forzas para colaborar no proxecto “O monte vivo”. |
|
|
|
Xoves, 13 Febreiro 2020 11:57 |
O Museo Claustro Mercedario colabora co proxecto “ O monte vivo”, unha iniciativa baixo a cal se veñen organizando diferentes actividades co fin de poñer en valor a riqueza e importancia da flora e fauna dos montes da comarca de Monterrei. Parte do profesorado do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüistica do IES Xesús Taboada Chivite leva anos traballando neste proxecto que conta agora co apoio do Museo e do Concello de Verín. Seguindo esta dirección, o vindeiro luns, 17 de febreiro, o alumnado do IES Xesús Taboada Chivite visitará as instalacións do Museo Claustro Mercedario de Verín para coñecer, grazas á exposición “Aves de Galicia”, a gran variedade de especies de paxaros que habitan na nosa comunidade. “Aves de Galicia” pretende, a través dunha serie de paneis interpretativos, recoller e amosar a variedade, morfoloxía e estudo das aves galegas. |
Ler máis...
|
“Spy Cat” e “Malasaña 32” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Xoves, 13 Febreiro 2020 11:05 |
Durante os días 14, 15 e 16 de febreiro, o cinema municipal de Verín acolle as proxeccións das películas “Spy Cat” e “Malasaña 32” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
A muller, epicentro da terceira edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín |
|
|
|
Mércores, 12 Febreiro 2020 12:40 |
Os vindeiros 27 e 28 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, en colaboración con SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega), converterán, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a terceira edición das “Xornadas de Novela Histórica”. Devandito evento foi presentado está mañá na Biblioteca polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, pola concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, e polos responsables da Biblioteca de Verín e organizadores do evento, Aurora Prieto e Vicente Rodríguez, quen nesta edición márcaronse como principal obxectivo visibilizar e por en valor o papel da muller ao longo da historia. |
Ler máis...
|
A Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Viaxe polo mundo da Mascara Ibérica” de Mercedes Vázquez |
|
|
|
Martes, 11 Febreiro 2020 12:07 |
Entre o 12 de febreiro e o 21 de marzo, a Sala de Exposicións do Concello de Verín acollerá a mostra fotográfica “Viaxe polo mundo da Mascara Ibérica” de Mercedes Vázquez. A inauguración oficial da exposición terá lugar o vindeiro mércores 12 de febreiro ás 20:00 horas, e os asistentes a mesma poderán participar, por xentileza da D.O Monterrei, nun brinde polo Entroido na véspera do xoves de compadres. |
Ler máis...
|
Aberto o prazo de inscrición para os expositores de Artesanía do Lázaro 2020 |
|
|
|
Luns, 10 Febreiro 2020 14:38 |
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Artesanía do Lázaro, que terá lugar os días 27, 28 e 29 de marzo na Praza da Mercé. Todas as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 4 de marzo de 2020. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 Seguinte > Final >>
|
Páxina 192 de 995 |