O concerto de María do Ceo inicia a programación anual do Auditorio Municipal |
|
|
|
Martes, 31 Decembro 2019 09:30 |
María do Ceo abre a programación do vindeiro ano no Auditorio Municipal cun concerto no que repasa a súa traxectoria, enraizada no fado como inspiración básica, e que mostra esa identidade cultural luso-galaica que a artista representa.
As entradas para o espectáculo, que dará comezo ás 20:00 horas do sábado 4 de xaneiro, poderán retirarse de balde na Oficina de Turismo do Concello de Verín, sita na Rúa Irmáns la Salle, durante o xoves, día 2 de xaneiro, e o venres 3 de xaneiro en horario matinal de 12:00 a 14:00 horas e dende as 17:00 ás 21:00 horas pola tarde.
O sábado estarán dispoñibles durante a mañá na mesma Oficina de Turismo e pola tarde poderán recollerse xa no Auditorio Municipal a partir das 17:00 horas até o comezo da actuación.
|
“Star Wars: El ascenso de Sky Walker” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Xoves, 26 Decembro 2019 20:31 |
Durante os días 27, 28 e 29 de novembro, o Cinema Municipal de Verín acolle a proxección da película “Star Wars: El ascenso de Sky Walker” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes horarios: |
Ler máis...
|
Nova oportunidade para apuntarse ao curso de interpretación teatral |
|
|
|
Venres, 20 Decembro 2019 20:32 |
O curso de interpretación teatral impartido por Santiago Cañaveral en colaboración co Concello de Verín dende outubro do presente ano ten coma límite un máximo de 36 alumnos. Actualmente, hai 25 alumnos e alumnas aprendendo da labor teatral, polo que aínda quedan once prazas dispoñibles para todos aqueles que estean interesados en inscribirse. |
Ler máis...
|
A artista local Aurora López deseña o cartel oficial do Entroido 2020 de Verín |
|
|
|
Xoves, 19 Decembro 2019 15:44 |
O Entroido 2020 de Verín xa ten imaxe oficial. O cartel ilustrador de esta edición foi presentado esta mañá na vila do Támega polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, a concelleira de Cultura e Festexos, Emilia Somoza, e Aurora López , artista local autora do mesmo. |
Ler máis...
|
300 ciclistas participan no primeiro ciclocrós “Vila de Verín” |
|
|
|
Xoves, 19 Decembro 2019 14:02 |
Esta mañá tivo lugar na casa consistorial a presentación oficial da primeira proba de Ciclocrós “Vila de Verín”, organizado polo Club Chinquena Racing Team en colaboración do Concello de Verín, que terá lugar o sábado 21 de decembro, as 14:30 horas, e no que participarán un total de 300 ciclistas. O acto contou coa presenza do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, do director técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande, dos organizadores, Javier Estévez e Roberto Rodríguez e do corredor Abel Franco. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 Seguinte > Final >>
|
Páxina 197 de 995 |