Educación intercultural e marco lexislativo en materia de menores no curso 'Mediación e resolución de conflitos interxerneracionais' de Verín |
|
|
|
Xoves, 17 Novembro 2011 13:22 |
Mañá, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá, a partir das 18.30 horas, os relatorios ‘Educación intercultural e negociación de conflitos’ e ‘A música como mellora das relacións interxeneracionais’, enmarcados no curso 'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
A Tropa de Trapo presentou o espectáculo 'Contos coas mans abertas' en Verín |
|
|
|
Mércores, 16 Novembro 2011 14:01 |
O salón de actos do IES García Barbón de Verín acolleu esta mañá o espectáculo ‘Contos coas mans abertas’ da compañía compostelá A Tropa de Trapo, co obxecto de conmemorar o Día Internacional para a Tolerancia.
|
Ler máis...
|
'Contos coas mans abertas' sensibilizará sobre a solidariedade internacional en Verín |
|
|
|
Martes, 15 Novembro 2011 14:02 |
A xira 2011 do espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización, chega á vila ourensá de Verín mañá mércores 16 de novembro, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional para a Tolerancia. A representación, organizada polo Concello de Verín en calidade de membro da entidade municipalista, terá lugar no IES García Barbón ás 10.30 horas.
|
Ler máis...
|
Subvencións para actuacións de promoción e internacionalización no sector téxtil |
|
|
|
Martes, 15 Novembro 2011 14:00 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización.
|
Ler máis...
|
'Contos para os días de choiva' na Biblioteca Pública Municipal |
|
|
|
Luns, 14 Novembro 2011 13:29 |
O vindeiro xoves 17 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos para os días de choiva', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 831 832 833 834 835 836 837 838 839 840 Seguinte > Final >>
|
Páxina 837 de 1000 |