Miguel Pérez Parada, gañador do concurso 'Busca do patrimonio na Biblioteca' |
|
|
|
Xoves, 19 Abril 2012 12:26 |
A Biblioteca Pública Municipal de Verín, coa colaboración do historiador e escritor Bruno Rúa, promoveu o concurso 'Busca do patrimonio na Biblioteca', co obxecto de divulgar o coñecemento da riqueza patrimonial da nosa comarca entre os público infantil e xuvenil, que foi vencido nesta primeira edición polo verinense Miguel Pérez Parada, de 9 anos e estudante de 3º de Primaria.
|
Ler máis...
|
Certame 'Cooperativismo no Ensino' |
|
|
|
Xoves, 19 Abril 2012 12:20 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase do establecemento das bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.
|
Ler máis...
|
Resultados da 2ª da Carreira-Andaina de Monte 'Pozo do Demo' |
|
|
|
Xoves, 19 Abril 2012 09:23 |
O pasado 1 de abril tivo lugar a segunda edición da Carreira-Andaina de Monte 'Pozo do Demo', organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas. Devandita iniciativa, na que participaron máis de 1.100 persoas, estivo divida en tres probas: andaina, carreiras escolares (para menores nacidos entre 1997 e 2004) e unha carreira de montaña. A andaina, de dificultade media, tivo un percorrido próximo aos 18 quilómetros, e percorreu as paraxes desta zona natural, chegando ata a localidade de Veiga das Meás (Vilardevós). Mentres que a carreira, dunha distancia de 11.37 quilómetros e tamén de dificultade media, estivo dividida en seis categorías de idade e tivo lugar por zonas de montaña, terra e asfalto.
|
Ler máis...
|
Conferencia-coloquio 'Nenos, adolescentes e adultos con Trastorno por Déficit de Atención: TDAs' en Verín |
|
|
|
Mércores, 18 Abril 2012 12:27 |
O salón de actos da Casa de Cultura de Verín acolle mañá 19 de abril, ás 19.30 horas, a conferencia-coloquio 'Nenos, adolescentes e adultos con Trastorno por Déficit de Atención: TDAs' de Manuel García Pérez, psicólogo consultor clínico e educativo; experto en TDAs, fundador e director técnico do grupo Albro-Cohs.
|
Ler máis...
|
Resultados da 1ª xornada do 4º Torneo de Fútbol Sala Inter-Freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín |
|
|
|
Mércores, 18 Abril 2012 12:22 |
O pasado domingo 15 de abril tivo lugar o inicio do 4º Torneo de Fútbol Sala Inter-Freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín. Os resultados da primeira xornada foron os seguintes: |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 801 802 803 804 805 806 807 808 809 810 Seguinte > Final >>
|
Páxina 810 de 1000 |