Máis de 2.000 persoas participaron nas diferentes actividades propostas no marco do VII Festival de Curtas de Verín |
|
|
|
Venres, 09 Setembro 2022 11:58 |
Máis de 2.000 persoas participaron nas diferentes actividades propostas no marco do VII Festival de Curtas de Verín, que se desenvolveu a semana pasada na vila do Támega. Unhas 1.700 fixérono de forma presencial e a máis de 300 chegouse vía streaming. “Esta cifra converte á edición de 2022 nunha das de maior afluencia da historia do certame, tendo en conta que a duración do mesmo se reduciu nalguns días en relación a anos anteriores”, sinala Carlos Montero, director do festival. |
Ler máis...
|
A Sala de exposicións do Concello de Verín acolle a mostra "Alfonso Sola & Rivada -Fronte ás fronteiras" |
|
|
|
Xoves, 08 Setembro 2022 17:44 |
Mañá venres 9 de setembro, ás 20:30 horas, terá lugar na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Verín a inauguración oficial da Exposición "Alfonso Sola & Rivada - Fronte ás fronteiras". |
Ler máis...
|
Os nenos e nenas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín despediron hoxe o seu verán cunha festa rockeira |
|
|
|
Mércores, 07 Setembro 2022 18:38 |
Esta mañá rematou o servizo da Ludoteca de verán e o Campamento Urbano que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín. Trátase de dous proxectos destinados a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo de lecer dos menores con idades comprendidas entre os 3 e 13 e 10 e 14 anos, respectivamente. Este ano comezou o día 27 de xuño e contou con máis de 230 menores inscritos, sendo unha das máis multitudinarias dos últimos anos. |
Ler máis...
|
Os mellores escaparates de cinema de Verín, premiados nunha iniciativa conxunta promovida polo FIC Vía XIV e AEVER |
|
|
|
Mércores, 07 Setembro 2022 12:22 |
Ao igual que en anos anteriores, a celebración do Festival de Curtas de Verín trouxo consigo unha serie de iniciativas destinadas a promover o desenvolvemento económico e comercial da vila durante a semana do certame. Neste marco, a Asociación Cultural Vía XIV e AEVER convocaron o concurso “Escaparates de cine”, no que participaron seis negocios locais, que engalaron as súas vitrinas e os seus espazos interiores con motivos relacionados coa sétima arte. |
Ler máis...
|
Aparece outra das pintadas máis famosas de Banksy en Verín; "Nena con globo" |
|
|
|
Martes, 06 Setembro 2022 10:23 |
Despois de “Home nú pendurado da fiestra”, agora é outra das pintadas máis famosas de Banksy, “Nena con globo”, a que apareceu nunha rúa de Verín. A obra, da cal unha versión chegou a subastarse en Sotheby´s para logo autodestruirse, nunha das accións máis mediáticas de Banksy, está na rúa da Cruz. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 Seguinte > Final >>
|
Páxina 76 de 995 |