O Concello de Verín remata as obras de acondicionamento do espazo de lecer de Feces de Abaixo |
|
|
|
Xoves, 20 Outubro 2022 12:19 |
O Concello de Verín vén de rematar as obras de acondicionamento do espazo de lecer de Feces de Abaixo. Cun investimento total de 11.751 euros, este proxecto foi cofinanciado nun 22,50% (1.982,98) pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a través dos fondos feader, tramitados a través do GDR 9 Monteval, do *programa de desenvolvemento rural de Galicia, dentro do pdr de Galicia 2014-2020, nun 75% polo Feader (6.609,94 €) e nun 2,50% polo MAPA. |
Ler máis...
|
Verín acolle o 4º ciclo de cinema galego-portugués Mulleres, patrimonios e sociedade |
|
|
|
Mércores, 19 Outubro 2022 10:17 |
Os días 27, 28 e 29 de outubro o Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín acolle o 4º ciclo de cinema galego-portugués Mulleres, patrimonios, sociedade Verín. Neste ano 2022 centrarase no papel das mulleres no mundo da morte e da dor que se ergue cunha forte carga patrimonial e social; un mundo que une moitos territorios do rural galego e portugués, onde presenta características comúns arredor do papel da muller, as crenzas e os ritos, mais tamén algunhas diverxencias. Moitos destes aspectos serán tratados a través dos audiovisuais seleccionados. |
Ler máis...
|
Banksy adorna con cinco novas obras outros tantos espazos de Verín |
|
|
|
Domingo, 16 Outubro 2022 13:22 |
Banksy, o artista urbano máis destacado do panorama internacional, desembarcou de novo en Verín con cinco das súas obras máis coñecidas, entre as que destacan “Nena con roda”, “Pulp Fiction” ou “Think tank”. As intervencións forma parte da mostra ao aire libre “Verín, territorio Banksy”, que formará un roteiro polas rúas que próximamente será presentado polo Concello. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín pon en marcha un curso de iniciación ao tenis en colaboración co IES Xesús Taboada Chivite |
|
|
|
Sábado, 15 Outubro 2022 10:01 |
Desde a área de Deportes do Concello de Verín ponse en marcha, en colaboración co IES Taboada Chivite, un Curso de Iniciación ao Tenis, enfocado a mozos de ata 18 anos, coa finalidade de achegar este deporte tan completo aos máis pequenos. |
Ler máis...
|
O Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación do libro "Yo ecofeminista" de Concha López Llamas |
|
|
|
Sábado, 15 Outubro 2022 11:30 |
O martes 18, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación da obra "Yo ecofeminista" de Concha López Llamas, Catedrática de Bioloxía e Xeología en Educación Secundaria, ampliamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación didáctica. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 Seguinte > Final >>
|
Páxina 73 de 995 |