Acto sobre Vidal Bolaño e Gala Músico-Literaria para celebrar o Día das Letras Galegas en Verín |
|
|
|
Luns, 13 Maio 2013 13:04 |
A proxección dun audiovisual, á que seguirá unha charla sobre a vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño, escritor homenaxeado na efeméride, e unha gala músico-literaria na que se lerán os relatos gañadores do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, e se declamarán, na voz dos autores, as composicións premiadas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, serán os actos que se celebren en Verín con motivo do Día das Letras Galegas fóra do ámbito educativo.
|
Ler máis...
|
Charla-coloquio 'Seguridade Viaria e 3ª Idade', no marco das accións da Carta Europea da Seguridade Viaria |
|
|
|
Luns, 13 Maio 2013 13:02 |
Nas últimas xornadas, o alférez-xefe da Agrupación Guardia Civil Tráfico de Verín, Javier Barja Álvarez, impartiu a charla-coloquio 'Seguridade Viaria e 3ª Idade' a medio centenar de persoas no Centro Sociocomunitario de Verín, no marco das actividades organizadas polo Concello de Verín tras a súa adhesión á Carta Europea de Seguridade Viaria. |
Ler máis...
|
Día das Letras Galegas na Biblioteca Pública Municipal de Verín |
|
|
|
Luns, 13 Maio 2013 12:56 |
O xoves 16 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza actividades lúdico-culturais con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño.
|
Ler máis...
|
Subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a dotación de equipamento |
|
|
|
Luns, 13 Maio 2013 12:45 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 2 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a dotación de equipamento para empresas de servizos turísticos complementarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.
|
Ler máis...
|
Subvencións a axencias de viaxe para a promoción e comercialización do destino Galicia |
|
|
|
Luns, 13 Maio 2013 12:43 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 2 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a axencias de viaxe para a promoción e comercialización do destino Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 721 722 723 724 725 726 727 728 729 730 Seguinte > Final >>
|
Páxina 729 de 999 |