'IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade' |
|
|
|
Mércores, 06 Novembro 2013 12:11 |
A Casa da Cultura de Verín acollerá nas vindeiras semanas as representacións do 'IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade', no que participarán grupos e compañías de teatro amateur de Galicia e Tras-Os-Montes.
O festival, promovido pola Eurocidade Chaves-Verín dentro do seu programa de actividades de fomento da cultura transfronteiriza, conta coa organización da Asociación para la Cultura y el Ocio La Caja de Pandora de Verín. O mesmo ten por obxecto de fomentar a colaboración conxunta entre os municipios na organización de actividades común, destinadas a promover a participación e intercambio de espectáculos nos dous territorios, mobilizar aos/ás cidadáns/nas dos dous lados da fronteira, fomentando un sentimento de eurocidadanía, de pertenza a un único territorio máis tamén de cooperación territorial transfronteiriza mediante o aproveitamento conxunto de equipamentos e xestión equilibrada de recursos, evitando a duplicidade de equipamentos e custos. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín, Xunta de Galicia e Deputación de Ourense asinan un convenio para a construción do Centro Cultural das Artes de Verín |
|
|
|
Martes, 05 Novembro 2013 14:54 |
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asistiu esta mañá ao acto de sinatura dun convenio entre o Concello de Verín, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Axencia de Turismo de Galicia) para a construción do Centro Cultural das Artes de Verín.
|
Ler máis...
|
Charla-coloquio 'Roberto Vidal Bolaño e o teatro en Galicia' |
|
|
|
Martes, 05 Novembro 2013 13:52 |
Na xornada de mañá, 06 de novembro, terá lugar nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal de Verín a charla-coloquio Roberto Vidal Bolaño e o teatro en Galicia.
|
Ler máis...
|
‘Contos da Xoaniña’ na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Luns, 04 Novembro 2013 11:55 |
O vindeiro venres 08 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos da Xoaniña' no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. |
Ler máis...
|
Unidade Móbil do Centro de transfusión de Sangue de Galicia en Verín |
|
|
|
Luns, 04 Novembro 2013 10:22 |
Unidade Móbil do Centro de transfusión de Sangue de Galicia en Verín: Venres 08 de novembro, de 10.30 ás 14 e de 16.30 ás 21 horas (na praza García Barbón)
O teu sangue é vida. Compártea. Hoxe 500 persoas dependen de ti.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 671 672 673 674 675 676 677 678 679 680 Seguinte > Final >>
|
Páxina 678 de 999 |