|
A nova Sala de Exposicións acolle unha mostra dos carteis participantes no concurso do Desfile Infantil 2014 |
|
|
|
|
Luns, 13 Xaneiro 2014 12:48 |
|
A partir de mañá 14 de xaneiro, os dezaseis carteis participantes no concurso destinado a seleccionar o cartel oficial do 'Desfile Infantil 2014' estarán expostos ao público na nova Sala de Exposicións de Verín. |
|
Ler máis...
|
|
Subvencións para o financiamento de formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe |
|
|
|
|
Luns, 13 Xaneiro 2014 09:00 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento de formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe regulados polo Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual.
|
|
Ler máis...
|
|
“Xa está aquí o Entroido”, cartel gañador do Entroido 2014 |
|
|
|
|
Venres, 10 Xaneiro 2014 11:32 |
|
Un ano máis, o Concello de Verín promoveu o concurso para seleccionar o cartel oficial das festas, que contou tanto coa participación cidadá como dun xurado cualificador no proceso de selección.
|
|
Ler máis...
|
|
O CRA de Monterrei, gañador do concurso do cartel ‘Desfile Infantil’ |
|
|
|
|
Venres, 10 Xaneiro 2014 11:32 |
|
A Delegación Municipal de Festexos do Concello de Verín promoveu, por sétimo ano consecutivo, un concurso para seleccionar o cartel oficial do “Desfile Infantil”. Nesta edición participaron os CEIPs Amaro Refojo, Princesa de España, Castrelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilardevós, Medeiros o Colexio Rural Agrupado Monterrei, Gardaría Pinocho e o Colexio María Inmaculada. Cada un deles estivo representado por un máximo de tres traballos inéditos, orixinais e non premiados en ningún concurso anterior.
|
|
Ler máis...
|
|
As obras de Leonardo Vidal e Suso Godás permanecerán na nova Sala de Exposicións de Verín durante xaneiro e febreiro |
|
|
|
|
Venres, 10 Xaneiro 2014 11:25 |
|
Durante todo o mes de xaneiro e metade de febreiro, os óleos e fotografías dos artistas Leonardo Vidal e Suso Godás -neste caso a mostra prolongarase ata despois do Entroido- continuarán na expostos ao público na nova Sala de Exposicións do Concello de Verín, situada no mesmo recinto da Oficina Municipal de Turismo (Rúa Irmáns La Salle).
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 661 662 663 664 665 666 667 668 669 670 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 665 de 1008 |