|
Máis de 800 persoas visitan a nova Sala de Exposicións de Verín |
|
|
|
|
Xoves, 16 Xaneiro 2014 11:45 |
|
Desde a inauguración da nova Sala de Exposicións do Concello de Verín xa foron 806 as persoas que visitaron as mostras expostas na mesma, pertencentes a Suso Godás e Leonardo Vidal, ademais da destinada á elección do cartel anunciador do Entroido 2014. |
|
Ler máis...
|
|
Requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional |
|
|
|
|
Mércores, 15 Xaneiro 2014 10:37 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.
|
|
Ler máis...
|
|
Curso de español na Eurocidade Chaves-Verín |
|
|
|
|
Martes, 14 Xaneiro 2014 13:00 |
|
A Eurocidade Chaves-Verín e Antena Local de Verín (Cámara de Comercio e Industria de Ourense) promoven a realización dun curso de español, que terá lugar do 27 de xaneiro ao 14 de febreiro.
|
|
Ler máis...
|
|
Imaxes dos carteis participantes no concurso do Desfile Infantil 2014 |
|
|
|
|
Martes, 14 Xaneiro 2014 11:48 |
|
Desde hoxe, os dezaseis carteis participantes no concurso destinado a seleccionar o cartel oficial do 'Desfile Infantil 2014' estarán expostos ao público na nova Sala de Exposicións de Verín. Nesta sétima edición do concurso participaron carteis dos CEIPs Amaro Refojo, Princesa de España, Castrelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilardevós, Medeiros, o Colexio Rural Agrupado Monterrei, Gardaría Pinocho e o Colexio María Inmaculada. Todas as fotografías no noso Facebook. |
|
'Contos ao carón da lareira' na Biblioteca de Verín |
|
|
|
|
Luns, 13 Xaneiro 2014 12:49 |
|
O vindeiro xoves 16 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos ao carón da lareira', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 661 662 663 664 665 666 667 668 669 670 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 664 de 1008 |