Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

As comarcas de Verín e Viana aportan 8 dos 53 concellos ourensáns que foron xeradores de emprego en 2016 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Febreiro 2017 17:45

A comarca de Verín pechou 2016 con 6.533 afiliados desde a variable do lugar de residencia dos traballadores. Cabe salientar que foi o primeiro peche anual por encima da barreira das 6.500 afiliacións desde 2011, logo de presentar unha evolución interanual prácticamente plana entre 2012 e 2015. En términos porcentuais, o saldo neto acumulado de xaneiro a decembro de 2016 reflicte unha subida do 0,6%, alonxada da salientable media provincial do 1,5%.

Ler máis...
 
A Biblioteca de Verín seleccionada finalista ao Premio “Biblioteca Pública e Compromiso Social" PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Febreiro 2017 13:05

A iniciativa “Voluntariado Cultural” da Biblioteca Municipal de Verín foi un dos seis  proxectos seleccionados finalistas ao premio “Biblioteca Pública e compromiso social” da Fundación Biblioteca Social. O vindeiro 12 de marzo é a data límite, na que ou xurado seleccionará a Biblioteca gañadora que terá coma premio unha dotación económica para destinar ao proxecto.

Ler máis...
 
Blinki Bill el koala e Tenía que ser él no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Febreiro 2017 14:46

Durante os días 17 e 18 e 19  de febreiro , o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas Blinki Bill el Koala  e  Tenía que ser él no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
O Concello culmina co derrube da antiga óptica da rúa Lisa unha batería de medidas para garantir a seguridade das persoas durante a celebración do Entroido PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Febreiro 2017 16:55

O Concello ven de poñer en práctica unha batería de medidas destinadas a dar cumprimento as demandas dos axentes de seguridade para garantir a integridade das persoas durante as multitudinarias celebracións do Entroido. Concretamente, como fora exposto a raíz da reunión da Xunta Local de Seguridade do pasado 19 de xaneiro preparatoria deste evento, é necesario permitir o acceso sen atrancos de vehículos de bombeiros á Praza Maior pola rúa Lisa, así como evitar posibles derrubes dos edificios ruinosos que aínda existen no centro neurálxico das celebración nas que van a participar milleiros de persoas. A antiga óptica da rúa Lisa foi derrubada esta tarde.

Ler máis...
 
O Concello De Verín traslada a estatua de García Barbón á súa localización histórica na rúa Irmáns da Salle PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Febreiro 2017 18:54

Esta mañá, a brigada de obras do Concello de Verín trasladou a estatua en honra a José García Barbón, situada ata hoxe na praza verinesa que leva o seu nome, a súa localización histórica situada na parte exterior da Biblioteca Municipal de Verín, na rúa Irmans da Salle.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 381 382 383 384 385 386 387 388 389 390 Seguinte > Final >>

Páxina 389 de 1000
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>