|
Concello e Protección Civil de Verín asinan o seu convenio de colaboración anual |
|
|
|
|
Xoves, 06 Abril 2017 13:45 |
|
Gerardo Seoane Fidalgo, alcalde do Concello de Verín, e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso Araujo, asinaron esta mañá, acompañados da concelleira de Protección Civil, Tráfico e Seguridade Cidadá, Cándida Couñago, o convenio de colaboración entre as dúas entidades para o mantemento da operatividade e prestación de servizos da agrupación no ano 2017. |
|
Ler máis...
|
|
TODAS AS ASOCIACIÓNS CONVOCADAS Á ORGANIZACIÓN DA FEIRA SOLIDARIA |
|
|
|
|
Xoves, 06 Abril 2017 00:00 |
|
As áreas de Feiras e Cultura do Concello de Verín comezan os preparativos da II Feira Solidaria, convidando a todas as asociacións da comarca para que participen nunha reunión que se celebrará o vindeiro luns día 10 de abril, ás 21:00 h, na Casa da Cultura de Verín. Os obxectivos da xuntanza, aberta a todas as asociacións existentes na comarca, son compartir ideas e unificar criterios sobre unha iniciativa que trata de transmitirlle á veciñanza o interese social que ten o tecido asociativo. |
|
Ler máis...
|
|
BANDO - VIII ANDAINA E CARREIRA DO POZO DO DEMO |
|
|
|
|
Mércores, 05 Abril 2017 13:29 |
|
GERARDO SEOANE FIDALGO, Alcalde do Ilustrísimo Concello de Verín (Ourense), FAGO SABER:
Que o DOMINGO 9 de abril, con motivo da celebración da “ANDAINA E CARREIRA DO POZO DO DEMO” procrederase, en horario de 08:00 a 15:00 horas, a tomar as seguintes medidas en relación ao tráfico rodado: |
|
Ler máis...
|
|
Verín acolle as XVI Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA |
|
|
|
|
Mércores, 05 Abril 2017 11:56 |
|
Esta mañá, a sala de Xuntas do Concello de Verín acolleu a presentación das XVI Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA (Asociación de Profesorado de Tecnoloxía de Galicia) – e patrocinadas polo Concello de Verín- que terán lugar os vindeiros 21 e 22 de abril no IES Xesús Taboada Chivite de Verín. No acto participou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane e o vicedirector do IES Xesús Taboada Chivite, César Sánchez. |
|
Ler máis...
|
|
Contacontos “Estacións en contos” de Celtia Figueiras na Biblioteca de Verín |
|
|
|
|
Mércores, 05 Abril 2017 11:55 |
|
O vindeiro venres 7 de Abril ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín pon en marcha o programa “Estacións en contos” coa presenza de Celtia Figueiras, quen levará a cabo a actividade mediante catro contacontos distribuídos ao longo do ano con estéticas e dinámicas diferentes dependendo da estación. A actividade coa que se dará comezo será “Contos na Primavera”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 381 382 383 384 385 386 387 388 389 390 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 382 de 1003 |