Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín fai realidade o novo parque de A Preguiza PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Xullo 2018 14:51

Tras dous anos de tramitación, o Concello de Verín completa o expediente de expropiación dos terreos e fai realidade o futuro parque de A Preguiza. Cun investimento inicial de 97.507,66 euros, este novo pulmón verde terá unha superficie total de 25.452,18 m²,  converténdose así na primeira das grandes áreas de lecer das que dispoñerá a vila nos próximos anos, xunto co futuro parque de Fontenova.

Ler máis...
 
O Concello de Verín informa da apertura da convocatoria das axudas do PROGRAMA EMEGA 2018 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Xullo 2018 12:06

O Concello de Verín informa da apertura da convocatoria das axudas do PROGRAMA EMEGA 2018. Trátase de liñas de axudas enfocadas a promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.(D.O.G. 04/07/2018)

Prazo de solicitudes: ata o 06/08/2018.


Presentación electrónica das solicitudes obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta.


Accede ao Resumo do detalle das diferentes liñas no seguinte enlace na web do Concello de Verín no tablón de anuncios:

http://verin.sedelectronica.gal/info.14

Ler máis...
 
Malo Será! No Auditorio Municipal de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Xullo 2018 10:05

O vindeiro xoves 12 de xullo, ás 21.00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación “Malo Será!”. Unha actuación que xunta sobre un mesmo escenario a diversas personalidades destacadas da nosa televisión. As entradas estarán disponibles ao prezo de 8 euros en ataquilla https://bit.ly/2ziXyzo.

Ler máis...
 
Xuntanza de Conductores na honra a San Cristovo en Verín. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Xullo 2018 09:20

O vindeiro 7 de xullo Verín celebra a Xuntanza de Conductores na honra de San Cristovo. O evento terá lugar na zona do recinto da Lonxa Agropecuaria e nos arredores do Barrio de San Antón.

A festa comezará as 10 da mañá cunha exposición de stands na zona do recinto da Lonxa Agropecuaria na que se exporán varias marcas coas súas ultimas novidades no sector. A charanga Fuego será a encargada de amenizar aos asistentes que ademais contarán con servizo de bar e pulpeira.

Ás 16.30 dará comezo o tradicional desfile de Camións Engalanados polas rúas de Verín que rematará ás 18.00 horas cunha misa e procesión na honra do patrón San Cristovo e daqueles compañeiros que xa non se encontran entre nós.

Ler máis...
 
O Concello de Verín personarase como acusación particular no caso “Enredadera” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Xullo 2018 12:10

O goberno municipal do Concello de Verín anunciou que se personará como acusación particular “en defensa dos intereses dos veciños de Verín”, dado que a empresa reclama o consistorio más de 1,4 millóns de euros por terlle paralizado a súa actividade nesta vila.  Asimesmo anunciou hoxe que pon a disposición da Fiscalía toda a documentación relativa ó contrato adxudicado por este concello á empresa Bilbomática para a colocación de radares no termo municipal, investigada a nivel nacional na chamada “Operación Enredadera”. 

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 Seguinte > Final >>

Páxina 292 de 1000
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>