A Ludoteca-Campamento Urbano 2020 continúa a súa actividade cargada de actividades e baixo estritas medidas de seguridade |
|
|
|
Mércores, 19 Agosto 2020 11:37 |
Os nenos e nenas da ludoteca de Verín continúan gozando dunha completa axenda de actividades variadas, sempre cumprindo con todas as medidas de seguridade estipuladas para previr a propagación do virus da COVID-19 (xeles hidroalcohólicos, uso da máscara, a disposición de alfombras desinfectantes e a comprobación da temperatura tanto á entrada como á saída). |
Ler máis...
|
O Concello colabora na campaña de concienciación e formación sobre a reciclaxe implementada polo CDR Portas Abertas |
|
|
|
Martes, 18 Agosto 2020 10:58 |
No marco do programa de «Voluntariado Ambiental», o CDR Portas Abertas desenvolve esta iniciativa de concienciación e formación sobre a reciclaxe, en colaboración co Concello de Verín. Esta actividade consta duns paneis informativos, que se distribuirán polos puntos de recollida de lixo e tamén polas redes sociais. Neles informarase os cidadáns sobre que elementos se poden reciclar, e cal colector sería o indicado. |
Ler máis...
|
O Festival Internacional de Cine Play-Doc será o certame convidado na V edición do FIC Vía XIV |
|
|
|
Luns, 17 Agosto 2020 13:29 |
O Festival Internacional de Cine Play-Doc, que se celebrará na localidade pontevedresa de Tui entre o 23 e o 27 de de setembro, toma o relevo do RIR de Allariz na categoría de festival convidado polo FIC Vía XIV. “Cada ano, dende o Festival Internacional de Curtas de Verín queremos render tributo e por en valor o excelente traballo que realizan os nosos colegas en diferentes partes de Galicia”, sinala o director do FIC Vía XIV, Carlos Montero. |
Ler máis...
|
O artesán verinés Gerardo Fernández é o autor do Premio do Público do FIC Verín 2020 |
|
|
|
Xoves, 13 Agosto 2020 12:19 |
Gerardo Fernández, artesán de Verín, foi o encargado de deseñar o Premio do Público que se vai entregar no decurso do FIC Vía XIV 2020, que se celebrará na vila do Támega entre o 5 e o 13 de setembro. O ebanista e escultor quere, con este deseño, honrar a memoria do seu fillo Gerardo Fernández Pousada, “Geri”, finado hai tres anos, xunto ao cal creou a emblemática firma Ciclowood. Unha empresa que se adicou a producir bicicletas de madeira de xeito artesanal, con moita demanda en todo o mundo. |
Ler máis...
|
Hijas de Galicia, Macorinas, un documental que conta a historia dunha parte da emigración feminina galega emigrada a Cuba, proxectarase no marco do FIC Vía XIV |
|
|
|
Venres, 07 Agosto 2020 15:10 |
Como parte da axenda de actividades paralelas da vindeira edición do FIC Vía XIV, Verín acollerá a proxección do documental histórico Hijas de Galicia, Macorinas, dirixido por Xosé Lois Santiago “Pello” e Fran Naveira. Trátase dun traballo que conta a historia de explotación dunha parte da emigración feminina galega a Cuba, establecendo analoxías con situacións que acontecen na actualidade con migrantes en diferentes partes do mundo. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 Seguinte > Final >>
|
Páxina 180 de 1000 |