Un ano máis Verín participa XIII Limpeza Simultánea de ríos do Proxecto Ríos |
|
|
|
Venres, 25 Setembro 2020 13:05 |
O vindeiro domingo 27 de setembro é a data na que se realizará a actividade á que o Concello de Verín se suma novamente organizando un grupo de limpeza para a décimo terceira edición das limpezas simultáneas de río, organizadas por ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galicia). O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. |
Ler máis...
|
ACTUALIZACIÓN: A Consellería de Sanidade dita novas restricións no Concello de Verín para reforzar o control da COVID 19. |
|
|
|
Sábado, 19 Setembro 2020 09:45 |
Segundo a ORDE do 18 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Verín, as medidas que entraron en vigor dende as 00.00 horas de hoxe no noso municipio son as seguintes: |
Ler máis...
|
A Consellería de Sanidade dita novas restricións no Concello de Verín para reforzar o control da COVID 19. |
|
|
|
Venres, 18 Setembro 2020 19:09 |
Tras a reunión do comité clínico autonómico, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de emitir un comunicado oficial no que se informa sobre a instauración de novas restricións relativas á xestión da crise sanitaria no Concello de Verín. |
Ler máis...
|
Verín celebra o acto/coloquio solidario “Apartados… al lado” do artista Fernando Barreira. |
|
|
|
Venres, 18 Setembro 2020 13:08 |
Este xoves, 17 de setembro, tivo lugar no Auditorio Municipal de Verín o acto/coloquio solidario “Apartados... al lado”, unha gala organizada polo artista verinense Fernando Barreira na que se levou a cabo un coloquio e a entrega de cinco óleos, pintados polo propio Barreira, cuxos beneficios foron doados en favor da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín e da área de Servizos Socias de Verín. |
Ler máis...
|
Literarias: Recital, monólogo, performance, narrativa e teatro |
|
|
|
Xoves, 17 Setembro 2020 13:43 |
Literatura escrita por mulleres galegas dende unha perspectiva de xénero. A Biblioteca do Concello de Verín organiza conxuntamente coa asociación Clásicas y Modernas a actividade Literarias, espectáculo cunha importante carga pedagóxica, xa que presenta as diferentes formas de cada xénero e as súas posibilidades. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 Seguinte > Final >>
|
Páxina 176 de 1000 |