Verín e Tui estreitan lazos a través dos seus festivais cinematográficos |
|
|
|
Venres, 11 Setembro 2020 11:30 |
O público verinés desfrutou no Auditorio este xoves, día 10, dunha selección de curtas de creadores galegos e internacionais programadas en edición anteriores do Festival de Cine Play-Doc de Tui, con “diferentes tendencias e narrativas cinematográficas, que van dende o relato autobiográfico ao cine experimental, pasando polo retraso ou propostas de corte máis etnográfico”, segundo asegurou o director deste certame, Ángel Sánchez, durante a súa conexión por streaming co FIC de Verín. |
Ler máis...
|
Estrea en Verín de Hijas de Galicia, Macorinas, un documental que busca saldar unha débeda histórica |
|
|
|
Xoves, 10 Setembro 2020 09:10 |
Como parte da axenda da actividades paralelas da vindeira edición do FIC Vía XIV, Verín acolleu hoxe a estrea do documental histórico Hijas de Galicia, Macorinas, dirixido por Xosé Lois Santiago “Pello” e Fran Naveira. Trátase dun traballo que busca saldar una débeda histórica sobre un asunto en torno ao cal ata agora se gardara silencio: a historia de explotación sexual á que se viu sometida unha parte da emigración feminina galega a Cuba, a comezos do século XX. |
Ler máis...
|
Os lazanos apoian masivamente a estrea do documental Entroidar |
|
|
|
Martes, 08 Setembro 2020 10:09 |
Con cheo total de aforo, e moito público procedente de Laza, o Auditorio de Verín acolleu este serán a estrea oficial do documental Entroidar, dirixido polo compostelán Pablo Ces. Un traballo que se centra en divulgar o carácter especial e a singularidade do Entroido lazano, “un lugar no que este se vive case coma unha relixión”, segundo asegura Ces. |
Ler máis...
|
O FIC Vía XIV ofrece unha proposta sonora alternativa á curta O carro e o home |
|
|
|
Luns, 07 Setembro 2020 10:07 |
O FIC Vía XIV explorou un ano máis a relación entre a música e o cinema, un dos eixos recurrentes ao longo dos seus cinco anos de vida. Nesta ocasión, a organización do Festival contou co apoio dun grupo de membros da Banda de Gaitas Nova Era de Verín, que ofreceu unha proposta musical orixinal, alternativa e propia a unha curta documental. |
Ler máis...
|
A aposta pola seguridade de asistentes, convidados e equipo organizador, premisa básica baixo a que se desenvolve o FIC Vía XIV de Verín 2020, inaugurado hoxe |
|
|
|
Sábado, 05 Setembro 2020 10:01 |
A V edición do Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, inaugurouse este serán no Auditorio da Vila baixo a premisa básica de apostar pola seguridade dos asistentes, dos convidados e do equipo organizador. Para iso, deseñouse un completo protocolo anti-Covid que incluirá, entre outras medidas, desinfección rigorosa do espazo de proxección tras cada sesión ou pase mediante un novidoso sistema nebulizador. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 Seguinte > Final >>
|
Páxina 178 de 1000 |