Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

4.500 asistentes e 125 barrís de cervexa, confirman o éxito da primeira edición da Festa da Cervexa de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Outubro 2021 13:11

 As cifras falan por si soas e deixan ben claro que a primeira edición da Festa da Cervexa, organizada polo  Concello de Verín, vén para quedar. Tras dous intensos días de celebración, a organización pechou este domingo a gran carpa instalada na  Preguiza cun balance “moi positivo”. Así o confirmou esta mañá o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, quen afirmou que se abriron un total de 125 barrís de cervexa para servir aos máis de 4.500 asistentes que visitaron o recinto os días 8 e 9 de outubro.

Ler máis...
 
O Auditorio de Verín acolle a conferencia “112 desde Cero” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Outubro 2021 12:48

 O vindeiro sábado 16 de outubro, ás 18:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a charla “112 desde cero” impartida por Brais Quintairos, enfermeiro do Summa 112. Devandita conferencia busca achegar aos asistentes o mundo das emerxencias a través dun relatorio ameno e didáctico.

Ler máis...
 
O Concello de Verín, ABANCA e Afundación mostran «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló» PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Outubro 2021 10:51

 O Concello de Verín, ABANCA e Afundación inauguraron onte, mércores 6 de outubro ás 11.15  h, a mostra «Múltiple. A arte  do gravado de Picasso a Barceló». Ao acto asistiron Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Pablo Villar, director da oficina de ABANCA en Verín; e Xosé Carlos  Caneiro, vicepresidente de Afundación.

Ler máis...
 
O Concello de Verín impartirá dous cursos gratuítos para desempregados: Socorrismo en Instalacións Acuáticas e Atención Socio-Sanitarias a Persoas Dependentes PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Outubro 2021 09:27

 O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para dous cursos  AFD' S (Formación para desempregados): Un Curso de Socorrismo en Instalacións Acuáticas e outro de Atención Socio-sanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Locais.

Ler máis...
 
A exposición “O viño nos Camiños de Santiago” pecha o verán con máis de 1.800 visitantes no Museo de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Outubro 2021 12:00

Co remate do verán, o Museo de Verín fai balance da súa actividade dende a reapertura das súas portas o pasado mes de xuño. Tras estes meses, o total de visitantes superou a barreira dos 1.750, incluíndo turistas procedentes de Portugal, Alemaña, Holanda, Francia ou incluso Florida. Sen embargo, un ano máis, cobrou especial importancia a cifra de visitantes nacionais, amosando a tendencia do cambio de modelo cara un turismo de proximidade. Outra porcentaxe importante dos visitantes corresponde aos veciños e veciñas da comarca, que continúan a ver o centro coma un referente cultural e unha institución capaz de complementar a axenda de ocio local.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 Seguinte > Final >>

Páxina 118 de 1000
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>