Verín acolle a conferencia “Vida despois da morte: as 10 mellores evidencias” do xornalista e escritor galego Miguel Pedrero |
|
|
|
Mércores, 17 Novembro 2021 11:47 |
O vindeiro 25 de Novembro, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acollerá a conferencia “Vida despois da morte: as 10 mejores evidencias” do xornalista e escritor galego Miguel Pedrero, autor de preto de vinte libros, a súa última obra é "La verdad prohibida. Cómo los amos del mundo manipulan nuestras mentes para que no descubramos la auténtica realidad" (Ediciones Cydonia), 2021. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín únese á campaña “1m² contra a Basuraleza” promovida por Ecoembes, SE/ Birdlife e Cabreiroá |
|
|
|
Martes, 16 Novembro 2021 12:12 |
O sábado 20 de novembro, o Concello de Verín colabora na organización dun roteiro interpretativo polo río Támega cuxa finalidade será concienciar e mobilizar á cidadanía para manter os espazos naturais libres de lixo. A mesma está enmarcada dentro do “Proxecto Libera: 1m² contra a Basuraleza” promovido por Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro; SE/ BirdLife, a ONG ambiental decana de España e centrada na defensa das aves e os seus espazos naturais; e por Cabreiroá, a través da súa iniciativa “Origen”. |
Ler máis...
|
A Biblioteca de Verín retoma en xaneiro as súas Xornadas de Novela Negra |
|
|
|
Venres, 12 Novembro 2021 12:16 |
Tras un parón obrigado provocado pola Covid-19, a Biblioteca Municipal de Verín retoma en xaneiro as que serán as IV Xornadas de Novela Negra. Baixo o título “Personaxes de novela”, nesta nova edición combinarase o mundo de ficción novelesca coa realidade a través das experiencias de personaxes reais que, a súa vez, teñen un importante papel nas novelas deste xénero literario. |
Ler máis...
|
Aberto o pazo de inscrición para o obradoiro do cigarrón |
|
|
|
Xoves, 11 Novembro 2021 12:34 |
Até o día 23 de novembro permanecerá aberto o prazo de solicitudes para participar na edición 2021-2022 do Obradoiro do Cigarrón. |
Ler máis...
|
Pleno ordinario: 11 de novembro de 2021 |
|
|
|
Xoves, 11 Novembro 2021 12:33 |
O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DE DATA 14/10/2021
2. Expediente 3949/2021. Operación de Crédito a curto prazo 1/2021
3. INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA
4. DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 03/09/2021 ATÉ O 05/11/2021, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS
5. ROGOS E PREGUNTAS |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 Seguinte > Final >>
|
Páxina 114 de 1000 |