| 
					Exposición ‘FotogrÁFRICA, vidas ó redor da sida’			 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
		 
 
	| 
		Venres, 06 Marzo 2009 13:19	 | 
 
 
A concelleira de Benestar Social do Concello de Verín, María Luisa Valladares Rodríguez, e responsable da mostra, Lorena Fernández Bouza, presentaron esta mediodía a exposición ‘FotogrÁFRICA, vidas ó redor da sida’ que permanecerá no Centro de Interpretación Museística ata o 27 de marzo. Un proxecto, catro fotógrafos. Un continente, catro países. Con estas premisas, Médicos do Mundo creou unha mostra colectiva que busca achegar ao público ás vivenzas, os soños e as esperanzas de persoas africanas afectadas polo VIH/sida. Mulleres de Namibia, persoas seropositivas de Senegal, persoal sanitario de Mozambique e mozos de Angola foron retratados polos mestres Lorena Ros, Javier Teniente, Xulio Villarino e Rosina Ynzenga.
  | 
 
	| 
		
			Ler máis...
	 | 
 
 
 
	| 
		Venres, 06 Marzo 2009 13:18	 | 
 
| 
 A Aula Multimedia do Concello de Verín acolle o vindeiro luns 9 de marzo, desde as 18 ás 20 horas, a realización do obradoiro Portal 060, a única web que ofrece aos usuarios a posibilidade de acceder aos servizos da Administración Pública de tres formas distintas: segundo o perfil de usuario, en función de diferentes áreas temáticas para cidadáns ou empresas e atendendo a feitos vitais. 
   | 
 
	| 
		
			Ler máis...
	 | 
 
 
 
		| 
					Ofrenda floral na praza García Barbón			 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
		 
 
	| 
		Xoves, 05 Marzo 2009 12:17	 | 
 
| 
 Con motivo do centenario da defunción de D. José García Barbón, o sábado día 7 de marzo ás 20.20 horas o Concello de Verín ofrecerá unha ofrenda floral ao finado no monumento situado na praza García Barbón. No acto, para o que se convoca a todo a veciñanza, participarán a Banda de Gaitas do Concello de Verín e familiares do que foi o máis grande benfeitor do municipio. Ademais, con motivo do centenario celebrarase na igrexa parroquial de Verín un oficio relixioso in memoriam ás 19.30 horas no que participará o coro do Centro de Servizos Sociais de Verín.
   | 
 
	| 
		
			Ler máis...
	 | 
 
 
 
	| 
		Luns, 02 Marzo 2009 11:42	 | 
 
| 
 A celebración do Día de Piñata, o pasado sábado 28 de febreiro, puxo o broche final ao Entroido 2009. Durante o acto tivo lugar unha cea nun restaurante da vila, o reparto de 33 placas conmemorativas para premiar a participación de comparsas e carrozas, e a entrega dos seguintes galardóns -por parte de Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde de Verín, Víctor Manuel Baladrón Lamas, concelleiro de Festexos, e os membros da Comisión-:  - Cigarrón de Honra: José Ramón Cardoso - Mención Especial: Elena Rodríguez Barreira, a raíña do Entroido - A mellor comparsa: Antoxo 
  - A mellor carroza: Prehistoricos.com - O “Pescadilla”: María Lourdes Fidalgo Pérez
 
   | 
 
 
 
		| 
					Próximas actividades para os eurocidadáns			 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
	
		
	 	 | 
		 
 
	| 
		Venres, 27 Febreiro 2009 11:40	 | 
 
| 
 Dentro do espírito de fomento da Eurocidadanía, esta primavera a Eurocidade contará, entre outras actividades, con dúas citas deportivas destacables:
  - 1º Torneo de Fútbol-Sala Interparroquial da Eurocidade -de abril a xuño-. Primeira competición deportiva na que participarán equipos formados integramente por xogadores de ambos municipios.
  - 1ª Carreira  Pedestre da Eurocidade -10 de abril-. Con saída no municipio de Verín e chegada ao de Chaves.
  
  | 
 
 
 
 | 
								
		 
		 
	 | 
	| 
		
	 | 
	
		<< Inicio < Anterior 971 972 973 974 975 976 977 978 979 980 Seguinte > Final >>		
  
	 | 
	| 
		Páxina 976 de 1003	 |