2ª Edición do Programa de Termalismo Social da Eurocidade Chaves-Verín |
|
|
|
Mércores, 26 Novembro 2008 13:36 |
Co fin de cubrir todas as peticións realizadas polas persoas maiores da localidade, que amosaron a súa satisfacción ante os tratamentos, prezos e o trato persoal recibido nas Termas de Chaves, indicando a maioría dos termalistas que xa realizaron estas terapias o seu interese por repetilas, a Eurocidade Chaves-Verín decidiu realizar unha segunda edición do Programa de Termalismo Social, que comezará o vindeiro martes 2 de decembro. |
Ler máis...
|
O proxecto URBACT “EGTC” foi oficialmente lanzado en Estrasburgo |
|
|
|
Mércores, 26 Novembro 2008 13:34 |
Con el, 6 proxectos de conurbacións fronteirizas de Europa, entre elas a Eurocidade Chaves-Verín, comezan a traballar en rede para o intercambio de experiencias e a procura de instrumentos de gobernanza. O lanzamento oficial produciuse en Estrasburgo o día 19 de novembro cunha conferencia no Parlamento Europeo, presidida por Michel Delebarre, presidente da Misión Operacional Transfronteiriza (MOT), Roland Ries, senador-alcalde de Strasbourg e vicepresidente da Comunidade Urbana e Alain Lamassoure, eurodiputado e vicepresidente da MOT. |
Ler máis...
|
Exposición fotográfica 'PODEMOS.QUEREMOS' |
|
|
|
Luns, 24 Novembro 2008 12:14 |
O Centro de Interpretación do Concello de Verín acolle, ata o próximo martes 2 de decembro, a seguinte exposición fotográfica PODEMOS.QUEREMOS. Corresponsabilidade: responsabilidades compartidas, organizada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Iguadade e do Benestar, coa finalidade de mostrar que a responsabilidade compartida entre homes e mulleres significa asumir e compartir as responsabilidades na toma das decisións e na planificación de todas as tarefas precisas para o ben común; así como no fogar, espazo doméstico, para a consecución dunha sociedade máis igualitaria e xusta. A exposición pódese visitar das 10 ás 14 horas, de luns a venres.
|
O primeiro grupo de Verín iniciou os tratamentos do Programa de Termalismo Social |
|
|
|
Mércores, 19 Novembro 2008 18:38 |
O Programa Termalismo Social xa arrancou. O primeiro grupo oriundo de Verín chegou onte, 18 de novembro, ás Termas de Chaves - SPA do Emperador, onde realizarán tratamentos durante 9 días consecutivos. |
Ler máis...
|
Novo portal de Cidades Dixitais: www.verindixital.org |
|
|
|
Martes, 18 Novembro 2008 11:06 |
O Departamento de Cidades Dixitais do Concello de Verín, en colaboración coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Consellería de Presidencia, presenta unha nova plataforma de Internet que vai substituír á de Cidades Dixitais. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 971 972 973 974 975 976 977 978 979 980 Seguinte > Final >>
|
Páxina 977 de 993 |