Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Realizados os traballos de analíticas en Caldeliñas para a declaración de augas mineiro-medicinais PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Decembro 2008 17:24

O Concello de Verín iniciou, fai uns meses, os trámites para solicitar a declaración das augas do Balneario de Caldeliñas como minero-medicinais e termais, co fin de demandar con posterioridade o seu aproveitamento. Aínda que xa contaba coa declaración de utilidade pública dende o ano 1859, estes trámites son necesarios para establecer, legalmente, a categoría de balneario; unha situación que agora non é posible e constitúe unha das maiores obstáculos para os diferentes  potenciais inversores que nos últimos meses visitaron o manantial.

Ler máis...
 
Ordenanza sobre o civismo reguladora do uso e limpeza da vía pública e protección da paisaxe urbanística PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Decembro 2008 17:20

No próximo pleno do 29 de decembro, o Concello de Verín debaterá unha Ordenanza sobre o civismo reguladora do uso e limpeza da vía pública e protección da paisaxe urbanística; unha ferramenta para establecer unhas normas básicas de comportamento nas vías e demais espazos públicos, que permitan a liberdade das persoas dentro do respecto ao patrimonio urbano e natural da cidade e o coidado do entorno. Ao longo da ordenanza regúlanse aspectos como: denominación e rotulación das vías públicas, dereitos e deberes dos habitantes, comportamento cívico, limpeza na vía pública, limpeza exterior de inmobles e publicidade, tenencia de animais, espectáculos e establecementos públicos, e réxime sancionador.

 
Videoconferencia con Papá Noel PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Decembro 2008 12:56
A Dirección Xeral de Comunicación e a rede de Telecentros de Galicia, entre os que se atopa o de Cidades Dixitais do Concello de Verín, organizaron hoxe unha videoconferencia con Papá Noel para os/as nenos/as de tres anos dos centros educativos Amaro Refojo, María Inmaculdada e Princesa de España, co obxectivo de vincular o Nadal coas novas tecnoloxías da comunicación.
 
Exposición 'Beléns e Arte Sacra' PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Decembro 2008 14:10
Desde o 18 de decembro ao 15 de xaneiro, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición 'Beléns e Arte Sacra', de Virginia Estorninho (1944, Souropires-Portugal). Trípticos, belenes, imagenes da Última Cea, os arcanxos Miguel e Gabriel, A nosa Señora e o Neno, todas elas en madeira, son algunhas das pezas figurativas e representativas que recolle a mostra.
Ler máis...
 
A Obra Social 'La Caixa' otorga unha axuda de 7.000 euros ao Banco Municipal de Roupa e Alimentos do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Decembro 2008 13:20
O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o director de área de negocio de 'La Caixa' en Ourense, Julio Armada, subscribiron un acordo polo que a Obra Social da entidade financeira sumarase á iniciativa municipal do Banco de Roupa e Alimentos, cunha achega económica de 7.000 euros. A finalidade do Banco Municipal de Roupa e Alimentos é prover ás persoas en situación de urxencia social da localidade, unha axuda inmediata para paliar as necesidades máis básicas, como calzado, roupa, alimentos, complementos infantís e para recentemente nados, xoguetes, libros ou contos infantís; co obxectivo de evitar as situacións de pobreza e marxinación de residentes no termo municipal de Verín. Grupos de voluntarios e traballadores sociais do consistorio encargaranse da recepción, preparación (lavado, reparación e clasificiación) e entrega dos efectos, cuxos destinatarios deberán ser avaliados previamente polos Servizos Sociais do Concello de Verín.
 
<< Inicio < Anterior 971 972 973 974 975 976 977 978 979 980 Seguinte > Final >>

Páxina 972 de 991
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>