O reparto de “María Solinha” visitará o domingo a adega de Roberto Verino en Monterrei |
|
|
|
Venres, 19 Xuño 2020 12:18 |
O plantel de actores da película “María Solinha” visitarán o próximo domingo ás 18:00 a adega de Roberto Verino en O Gargalo, encabezados polo seu director, Ignacio Vilar, horas antes da estrea en autocine da película en Verín. O reparto quere escenificar así o seu compromiso co sector do viño galego, que retoma a súa actividade tras o parón provocado pola Covid19. Os espectadores poderán acceder dende as 20:30 ao parking central de Verín, e gozar dos menús da hostalería local que poden encargar na web rumbonosmovemosporti.com. A gala de estrea comezará ás 21.30, e a película se proxectará a continuación, no entorno das 22.30 horas. |
Ler máis...
|
BANDO: Estrea do filme María Solinha de Ignacio Vilar no Autocine de Verín |
|
|
|
Venres, 19 Xuño 2020 10:17 |
GERARDO SEOANE FIDALGO, Alcalde do Ilustrísimo Concello de Verín (Ourense), FAGO SABER:
Que con motivo da instalación do Autocine no que se estreará o filme “María Solinha” o vindeiro domingo días 21 de xuño, e para asegurar o bo desenvolvemento da mesma, o ESTACIONAMENTO QUEDARÁ RESTRINXIDO no Aparcadoiro Libre Gratuito nº 8 (entrada pola Avda. de Portugal xunto ao nº 30) dende as 10:00 horas do propio domingo 21 ata as 07:00 horas do luns 22 de xuño. |
Ler máis...
|
Protección Civil de Verín realizou un total de 75 actuacións durante o estado de alarma |
|
|
|
Xoves, 18 Xuño 2020 11:32 |
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín realizou un total de 75 actuacións de asistencia á cidadanía en Verín durante a vixencia do estado alarma provocado pola Covid-19. Ademais dos seus labores habituais, os voluntarios realizaron tarefas de repartición de alimentos, medicamentos e material escolar, desinfección de vehículos de emerxencia da comarca e apoio loxístico aos corpos e forzas de seguridade do estado, o que supón máis de 680 horas traballadas en tarefas de asistencia aos colectivos máis vulnerables e de prevención. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín retoma ORA a partir do luns 22 de xuño |
|
|
|
Mércores, 17 Xuño 2020 13:40 |
O Concello de Verín retoma o vindeiro luns, 22 de xuño, o sistema de Ordenanza Reguladora do Aparcamento (ORA) que se atopaba suspendido desde o pasado 16 de marzo, momento no que se declarou o estado de alarma para previr a propagación da COVID-19. |
Ler máis...
|
Aberto o prazo para inscribirse na Ludoteca de verán “ Convive en Igualdade” e no Campamento urbano “Támega” - 2020 |
|
|
|
Martes, 16 Xuño 2020 13:25 |
O vindeiro xoves 18 de xuño ábrese o prazo de inscrición da Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e do Campamento urbano “Támega” para o ano 2020, iniciativas organizadas pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín. Este ano, regresan as actividades con importantes novidades orientadas a manter a seguridade dos seus usuarios e cos firmes obxectivos de axudar aos veciños a conciliar a súa vida laboral e familiar, así como de promover a igualdade entre todas as persoas. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 Seguinte > Final >>
|
Páxina 178 de 995 |