|
ACTUALIZACIÓN: A Consellería de Sanidade mantén as restricións no Concello de Verín para reforzar o control da COVID 19. |
|
|
|
|
Sábado, 03 Outubro 2020 17:13 |
|
Logo da reunión do Subcomité clínico de expertos sanitarios, á vista da situación epidemiolóxica no noso municipio, acordouse o mantemento das medidas vixentes para reforzar o control da COVID-19. |
|
Ler máis...
|
|
AVISO IMPORTANTE | Suspendida a Feira ordinaria do 3 de outubro |
|
|
|
|
Venres, 02 Outubro 2020 19:53 |
|
Ante a actual situación sanitaria que está a experimentar a comarca, o Concello de Verín suspende a feira de mañá sábado, 3 de outubro, como medida preventiva. |
|
Ler máis...
|
|
Actualización de datos COVID-19 en Verín |
|
|
|
|
Venres, 02 Outubro 2020 12:47 |
|
A día de hoxe, venres 2 de outubro, a cifra de casos activos por COVID-19 no Concello de Verín é 59 |
|
Ler máis...
|
|
O Servizo de conciliación “Érguete” comeza mañá no CEIP Princesa de España de Verín |
|
|
|
|
Mércores, 30 Setembro 2020 10:47 |
|
O servizo “ÉRGUETE” do Concello de Verín, que se oferta dende mañá 1 de outubro, desenrolarase dende inicio de curso escolar ata o remate do mesmo no mes de xuño no CEIP Princesa de España de Verín. |
|
Ler máis...
|
|
ACTUALIZACIÓN: Novas medidas do Concello de Verín para reforzar o control da COVID-19. |
|
|
|
|
Luns, 21 Setembro 2020 13:00 |
|
O Concello de Verín anuncia a adopción de novas medidas para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición a ditos riscos.
Peche do Museo Claustro Mercedario. A actividade na Biblioteca Pública Municipal de Verín continúa limitada ao servizo de préstamo. Quedan adiados os eventos culturais que estaban programados nas instalacións do Auditorio Municipal de Verín. Serán precintados os parques municipais, incluíndo o recinto do Skatepark. Suspensión das feiras ordinarias.
Ditas decisións tómanse seguindo as indicacións expostas na ORDE do 18 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no Concello de Verín.
Estas medidas serán reavaliadas nun período non superior a sete días naturais en función da evolución da situación epidemiolóxica no municipio. Dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas.
Está nas nosas mans. Sigamos as recomendacións das autoridades sanitarias.
#FainoPorTi #fainoportodos
Lembra a norma das 3 M
Máscara Mans limpas Manter a distancia de seguridade
Podes ampliar información sobre o resto de medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade para o noso concello no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20200918/2430/AnuncioC3K1-180920-3_gl.html |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 177 de 1003 |