O Concello de Verín convoca os Certames “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” e “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” para celebrar o día das Letras Galegas |
|
|
|
Xoves, 18 Marzo 2021 11:00 |
Co fin de fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín convoca, coa colaboración de Gadis, o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. |
Ler máis...
|
Remata a construción da nova ponte situada en Queizás |
|
|
|
Mércores, 17 Marzo 2021 14:40 |
O Concello de Verín vén de rematar as obras de construción da nova ponte de Queizás. Esta primeira fase executada corresponde á finalización da estrutura completa do viaduto. A segunda fase deste proxecto unirá a ponte co polígono de Pazos, dotando ao mesmo dun novo acceso e conectándoo coa estrada N-532. Así mesmo permitirá desconxestionar o tráfico da estrada N-525 influíndo isto de maneira positiva na circulación do núcleo de Verín e os seus arredores. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín activa un novo servizo gratuíto de información municipal vía WhatsApp |
|
|
|
Luns, 15 Marzo 2021 11:38 |
O Concello de Verín pon en marcha un novo servizo gratuíto de información vía WhatsApp no que se ofrece toda a actualidade de servizo público e de interese para a cidadanía. |
Ler máis...
|
ACTUALIZACIÓN DE CASOS ACTIVOS DE COVID 19 EN VERÍN |
|
|
|
Sábado, 13 Marzo 2021 16:52 |
A día de hoxe, sábado 13 de marzo, a cifra de casos activos por COVID-19 no Concello de Verín é de 2 persoas.
|
Ler máis...
|
Verín doara “íntegra” a partida orzamentaria destinada a festividade dos Maios ás persoas máis desfavorecidas da comarca |
|
|
|
Venres, 12 Marzo 2021 13:28 |
A concellería de Festexos do Concello de Verín celebrará a festa dos Maios, mantendo a elaboración das tradicionais coplas, adaptadas e optimizadas para a súa lectura e difusión a través de internet e dispositivos móbiles. Ao non ser posible a venda das coplas e a recadación de fondos solidarios para as asociacións participantes, así como a elaboración dos Maios Florais, debido ás restricións derivadas do actual estado de alarma, este ano o ente municipal doará, integramente, a cantidade orzamentada para devanditos festexos ao programa de atención ás necesidades básicas de persoas da comarca de Verín do C.D.R. Portas Abertas. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 Seguinte > Final >>
|
Páxina 143 de 995 |