Teatro da Gavela presenta en Verín “O Conde Alarcos” |
|
|
|
Luns, 18 Agosto 2008 08:48 |
Mañá, 19 de agosto, ás 22.30 horas, Teatro da Gavela escenificará na praza García Barbón de Verín a obra “O Conde Alarcos”. A actuación enmárcase nunha xira pola Vía da Prata desta compañía, que patrocina a S.A. de Xestión do Xacobeo e que conta coa colaboración do Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
Inscrición gratuíta no xogo de rol en vivo Irmandiños. A Revolta para os habitantes da Eurocidade Chaves-Verín |
|
|
|
Xoves, 14 Agosto 2008 11:38 |
A inscrición para os/as mozos/as residentes na Eurocidade Chaves-Verín que desexen participar no xogo de rol en vivo “Irmandiños. A Revolta” será gratuíta. O proceso de inscrición terá lugar entre os días 18 de agosto e 18 de setembro, e debe realizarse no Gabinete Técnico da Eurocidade, situado no segundo piso da Casa Consistorial de Verín. |
Ler máis...
|
Expectación pola Eurocidade Chaves - Verín nos Open Days 2008 |
|
|
|
Mércores, 13 Agosto 2008 17:08 |
A experiencia da Eurocidade Chaves-Verín está a recibir moita expectación entre os asistentes á Semana Europea da Rexións OPEN DAYS 2008, que terá lugar en Bruselas entre o 6 e o 9 de outubro, e no que participarán milleiros de expertos e representantes de organismos públicos e privados de toda Europa. |
Ler máis...
|
Anuncio de adxudicación provisional |
|
|
|
Xoves, 07 Agosto 2008 11:43 |
En cumprimento do disposto no artigo 135.3 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a resolución de adxudicación provisional do procedemento negociado sen publicidade para a contratación da execución da obra "Construción dunha praza pública en Ábedes-Verín" aprobado por Decreto desta Alcaldía de 07 de agosto de 2008, co seguinte contido:
|
Ler máis...
|
O Concello de Verín e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas na doazón de sangue |
|
|
|
Xoves, 07 Agosto 2008 10:12 |
O Concello de Verín e o Centro de Transfusión de Galicia ( CTG ), impulsan unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue, e deste xeito garantir o correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van a precisar ó redor de 44.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 981 982 983 984 985 986 987 988 989 990 Seguinte > Final >>
|
Páxina 988 de 995 |