Verín colabora coa iniciativa ALACO para axudar a Juanma |
|
|
|
Venres, 22 Agosto 2008 12:19 |
Juanma é un neno de Almería de catro anos, afectado pola enfermidade chamada “Síndrome de Alexander” -unha das chamadas enfermidades raras-. Co obxectivo de recadar fondos para a investigación do tratamento de devandita enfermidade, José Miguel Cabrera está dedicando o seu mes de vacacións á causa: “Soy Juanma, quiero vivir”, facendo a ruta ALACO (Almería-A Coruña) e percorrendo numerosos concellos para dar a coñecer o problema de Juanma e que todo o que queira poida colaborar.
|
Ler máis...
|
Xoves, 21 Agosto 2008 10:03 |
O Pavillón de Deportes de Verín acollerá, o próximo domingo 24 de agosto, o primeiro partido da Copa Galicia entre Clube Ourense Baloncesto (COB) e Basket Coruña. Neste enfrontamento, que será a partir das 19 horas, a entrada é gratuíta. |
Un día cos nenos/as na rúa |
|
|
|
Xoves, 21 Agosto 2008 10:01 |
O sábado 23 de agosto, día de feira na localidade, a Oficina Muncipal de Información Xuvenil do Concello de Verín organizará unha serie de actividades lúdico-culturais para os nenos/as do municipio.
|
Ler máis...
|
Mércores, 20 Agosto 2008 08:47 |
Nos últimos días, varios/as veciños/as do municipio de Verín recibiron chamadas telefónicas nas que unha empresa ofertaba os seus servizos para realizar análises de auga nas súas casas. Desde o Concello de Verín, co fin de aclarar as posibles dúbidas aos/ás verinenses, puntualízase o seguinte:
- A auga do municipio atópase perfectamente analizada e sometida aos controis específicos preventivos.
- O ente municipal non ten relación con esta empresa privada nin co servizo que oferta. |
Ciclo de cinema na Alameda |
|
|
|
Martes, 19 Agosto 2008 10:22 |
Nas próximas semanas, a localidade de Verín acollerá un ciclo de cinema ao aire libre no parque da Alameda, organizado por Elcinedebarrio.com co patrocinio do Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 981 982 983 984 985 986 987 988 989 990 Seguinte > Final >>
|
Páxina 987 de 995 |