O Concello de Verín presenta a IV edición das Xornadas de Novela Negra “Personaxes de Novela” |
|
|
|
Xoves, 28 Abril 2022 11:36 |
O Auditorio de Verín acollerá, durante os días 3 e 4 de xuño, a cuarta edición das súas xornadas de Novela Negra “Personaxes de Novela”, nas que se combinarán o mundo de ficción das novelas e o real con personaxes verdadeiros que normalmente aparecen nas narracións deste xénero literario. |
Ler máis...
|
Dez colectivos elaboran, altruistamente e con fins sociais, coplas para “os Maios” de Verín |
|
|
|
Xoves, 28 Abril 2022 10:49 |
Segundo confirmou esta mañá a concelleira da área de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, este ano son dez os colectivos redactores das tradicionais coplas dos Maios. O exemplar venderase a 2 euro e o diñeiro recadado coa venda de 500 exemplares destinaranse ao financiamento do programa da UNICEF “Emerxencia na Ucraína”. |
Ler máis...
|
Un fenaquitoscopio, que produce ilusión de movemento, base da imaxe gráfica do cartel ilustrador da VII edición do FIC |
|
|
|
Mércores, 27 Abril 2022 13:15 |
A VII edición do FIC Vía XIV de Verín, que terá lugar do 31 de agosto ao 04 de setembro, conta xa con cartel ilustrador. É obra do xoven creador local David Rivada e baséase na conxunción dun fenaquitoscopio, elemento circular que produce ilusión de movemento, misturado con efectos ópticos modernos. Os dous elementos circulares da imaxe unidos conforman unha bobina de cine. “Cando me escolleron non tiña para nada claro como ía realizar o traballo”, sinala Rivada, quen afirma que “ilusionismo” e “cinema” comparten moito en común e os dous elementos están na base da súa proposta ilustradora. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín presenta aos fondos Next Generation o seu proxecto de rehabilitación do Balneario de Fontenova |
|
|
|
Martes, 26 Abril 2022 11:17 |
O Concello de Verín vén de presentar no marco das accións de rehabilitación (incluídas no programa Pirep Local) postas en marcha polo Goberno de España dentro dos Fondos Europeos Next- Generation o seu proxecto de rehabilitación do Balneario de Fontenova. O mesmo ten un valor total de 627.174,75 euros; sendo o investimento subvencionable polo programa 468.737,50 euros, asumindo o Concello de Verín o importe restante con fondos propios. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín retoma a programación presencial dos Maios cun completo abano de actividades |
|
|
|
Xoves, 21 Abril 2022 11:14 |
Tras dous anos de parón obrigado provocado pola Covid-19, o Concello de Verín retoma a programación presencial destas tradicionais festas. Tamén recupera a Feira Solidaria que contará coa participación de varias entidades sen ánimo de lucro, que ofrecerán todo tipo de produtos e/ ou servizos con fins solidarios. As actividades programadas terán lugar o 30 de abril e o 1 de maio na Alameda e Praza Maior de Verín. Así o confirmou esta mañá a concelleira da área de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Seguinte > Final >>
|
Páxina 96 de 995 |