O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Sonic 2” e "En su punto" |
|
|
|
Mércores, 18 Maio 2022 10:46 |
Durante os días 20, 21 e 22 de maio o cinema municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Sonic 2” e "En su punto" no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases. |
Ler máis...
|
Felíz día das Letras Galegas 2022 |
|
|
|
Martes, 17 Maio 2022 08:19 |
Este ano, autor homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán, todo un reflexo da cultura galega no século XX, e cuxa figura encarna o activismo cultural desenvolvido polos galeguistas que fuxiron a México, tendendo sempre pontes co exilio interior. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín colabora con Gadis na campaña ‘Versos na rúa’ destinada a visibilizar autores galegos ilustres |
|
|
|
Luns, 16 Maio 2022 09:23 |
Supermercados Gadis é a responsable dos versos que, dende o pasado mes de abril, comezaron a aparecer escritos en 220 pasos de peóns, muros e fachadas de 50 edificios de diversas localidades galegas, entre as que se encontra Verín. O seu obxectivo foi poñer o foco na cultura galega sumando unha nova acción, ao fío do Día das Letras Galegas, levantando a expectación e espertado o interese dos veciños, que se atopaban nas rúas das súas vilas con esta acción sorpresa. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín aproba a OPE extraordinaria para estabilizar o emprego laboral temporal de longa duración |
|
|
|
Venres, 13 Maio 2022 12:52 |
O Concello celebrou esta mañá a Mesa Xeral de Negociación para aprobar a Oferta de Emprego Público extraordinaria, en aplicación da Lei 20/2021 de medidas urxentes para redución da temporalidade no emprego. Grazas ao acordo aprobado hoxe na casa do concello, entre o Concello e os sindicatos participantes (CIG, CCOO e CSIF), todos aqueles postos ocupados por traballadores temporais que reúnan os requisitos esixidos pola lei van adquirir ben mediante un sistema de méritos ou ben por concurso-oposición a súa praza fixa. |
Ler máis...
|
Verín albergará un dos maiores museos dedicados á música e á cultura folk de toda Europa |
|
|
|
Venres, 13 Maio 2022 12:07 |
Verín está a piques de converterse nun referente internacional da música tradicional do Arco Atlántico europeo, así como da cultura e da difusión do folclore europeo. O Concello prepara a exposición permanente da que posiblemente é a colección privada máis importante de gaitas do mundo, xunto con importante documentación, fondos sonoros e manifestacións artísticas relacionadas, que servirán para crear o Museo Internacional da Gaita. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Seguinte > Final >>
|
Páxina 93 de 995 |