Gala benéfica 'Un sorriso para Ángel' |
|
|
|
Xoves, 20 Decembro 2012 13:37 |
O vindeiro xoves 27 de decembro, a partir das 19 horas, o Pavillón de Deportes de Verín acollerá a gala benéfica 'Un sorriso para Ángel'. Unha iniciativa solidaria a favor da campaña 'Una sonrisa, un objetivo', destinada a axudar ao neno Ángel Blanco García, organizada polo Concello de Verín e na que colaboran Eurocidade Chaves-Verín, Tanito, Verín C.F., Imprenta Dixital, Denominación de Orixe Monterrei, Cabreiroá, Deportes Vega, Coren, Novagalicia Banco e Coca-Cola. |
Ler máis...
|
Animación infantil nas rúas de Verín |
|
|
|
Xoves, 20 Decembro 2012 13:35 |
Dentro da programación de Nadal organizada polo Concello de Verín, Eurocidade Chaves-Verín e AEVER (Asociación de Empresarios de Verín), durante os tres vindeiros días terá lugar a campaña de animación infantil nas rúas da localidade.
|
Ler máis...
|
Ábrese o prazo de candidaturas para o Foro Xuvenil Transfronteirizo |
|
|
|
Mércores, 19 Decembro 2012 11:52 |
O equipo de dinamización do futuro Foro Xuvenil Transfronteirizo, xunto con persoal técnico da Oficina de Información Xuvenil Transfronteiriza, mantiveron nos últimos días diversas reunións con colectivos formais e informais de Chaves e Verín, co obxecto de traballar conxuntamente no proceso de formación deste foro xuvenil. |
Ler máis...
|
'Cantacontos' da pedagoga e escritora Susa Herrera na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Martes, 18 Decembro 2012 14:13 |
O venres 4 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá unha sesión de 'Cantacontos' realizados pola pedagoga, docente e compositora Susa Herrera Ruiz, acompañada da profesora e artista Merchy Rozas. |
Ler máis...
|
Financiamento da acción “O teu primeiro traballo EURES” |
|
|
|
Martes, 18 Decembro 2012 13:25 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación do Real Decreto 1674/2012, de 14 de decembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvención públicas destinadas á financiamento da acción “O teu primeiro traballo EURES”.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 761 762 763 764 765 766 767 768 769 770 Seguinte > Final >>
|
Páxina 764 de 999 |