Enxeñería sen Fronteiras e o Fondo Galego apoian a planificación do acceso á auga en Honduras |
|
|
|
Mércores, 03 Abril 2013 11:50 |
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinancia con 18.200 o proxecto da ONGD Enxeñería sen Fronteiras para planificar o acceso á auga e ao saneamento na comunidade de Monjarás, no municipio hondureño de Marcovia. O obxectivo da intervención é mellorar a calidade de vida das e dos 8.268 habitantes da localidade mediante un emprego sostible dos recursos. Para logralo fortaleceranse as capacidades do persoal técnico da Alcaldía co fin de elaborar un Plan de Xestión Integral do Recurso Hídrico para Monjarás.
|
Ler máis...
|
A Eurocidade inaugura a exposición de artes plásticas '18 Artistas Eurocidade Chaves-Verín' |
|
|
|
Martes, 02 Abril 2013 12:29 |
O vindeiro 5 de abril, ás 18.30 horas (horario local), a Sala Multiusos do Centro Cultural de Chaves acollerá a inauguración da exposición '18 Artistas Eurocidade Chaves-Verín', unha mostra colectiva de artistas dos dous municipios, organizada pola Associação Chaves Viva, Eurocidade Chaves-Verín, Município de Chaves e Concello de Verín. A mesma estará aberta ao público en Chaves ata o 30 de abril.
|
Ler máis...
|
Apertura do prazo de inscrición para a Campaña ‘Verán 2013' |
|
|
|
Martes, 02 Abril 2013 12:20 |
A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín inicia o prazo de tramitación das solicitudes de inscrición dos/as mozos/as, entre nove e dezasete anos, interesados/as en participar na campaña “Verán 2013”, que promove nos meses de xullo e agosto, durante dez ou quince días, a Dirección Xeral de Xuventude. |
Ler máis...
|
Prestación económica de pagamento único por fillas/as menores 3 anos para o 2013 |
|
|
|
Luns, 01 Abril 2013 13:06 |
Desde Servizos Sociais do Concello de Verín infórmase da publicación das bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013 por parte da Xunta de Galicia. |
Ler máis...
|
Dezaoito menores participan nas segundas xornadas de salvamento acuático |
|
|
|
Luns, 01 Abril 2013 12:58 |
Un total de dezaioto nenos/as dos cursos de natación do Concello de Verín participaron na segunda edición das xornadas de salvamento acuático, organizadas pola área de deportes do Concello de Verín, Saudeter e o club de salvamento acuático Salvour.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 741 742 743 744 745 746 747 748 749 750 Seguinte > Final >>
|
Páxina 745 de 999 |