XXX Copa Deputación Fútbol Sala en Verín |
|
|
|
Mércores, 12 Xuño 2013 10:39 |
Durante este vindeiro fin de semana, 15 e 16 de xuño, as instalacións do Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerán a XXX Copa Deputación Fútbol Sala, organizada pola Federación Galega de Fútbol Sala, Deputación de Ourense e Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
O Club de Natación de Verín, vencedor na proba de relevos do Torneo de Natación en Chaves |
|
|
|
Mércores, 12 Xuño 2013 10:38 |
Vinte nenos/as do Club de Natación de Verín, con idades comprendidas entre os 9 e 12 anos, participaron no Torneo de Escolas de Natación, celebrado este último fin de semana na piscina climatizada da localidade lusa de Chaves, na que acadaron o primeiro posto na proba de relevos mixta.
|
Ler máis...
|
Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas |
|
|
|
Mércores, 12 Xuño 2013 10:33 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación, por parte da Consellería de Traballo e Benestar, da orde 6 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2013. |
Ler máis...
|
Incrementa o número de peregrinos e visitantes na Oficina de Turismo e Albergue de Verín |
|
|
|
Martes, 11 Xuño 2013 13:09 |
A Oficina de Turismo de Verín, situada na Casa do Escudo, atendeu nestes primeiros meses do ano a un total de 1.476 persoas, o que supón 300 persoas máis que no mesmo período no 2012. Un incremento que se reflicte tamén no número dos visitantes de excursións programadas ao territorio da Eurocidade Chaves-Verín, e que neste 2013 se sitúa en 570 persoas dun total de 14 excursións procedentes de Valladolid, Cidade Real, Madrid, Lugo, Pontevedra ou A Coruña.
|
Ler máis...
|
Entrega de diplomas do curso “Mediación e xestión de conflitos' |
|
|
|
Martes, 11 Xuño 2013 13:07 |
O venres 14 de xuño, a partir das 20 horas, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a entrega de diplomas do curso “Mediación e xestión de conflitos”, organizado entre os meses de abril e marzo, polo centro asociado da Universidad Nacional a Distancia (UNED) en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 711 712 713 714 715 716 717 718 719 720 Seguinte > Final >>
|
Páxina 716 de 999 |