|
Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega |
|
|
|
|
Luns, 19 Maio 2014 08:43 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 30 de abril de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos/ás titulares de obradoiros artesanais para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN201G).
|
|
Ler máis...
|
|
Gala Literaria e Musical na Casa da Cultura no Día das Letras Galegas |
|
|
|
|
Venres, 16 Maio 2014 12:39 |
|
Ás catro e media da tarde, a Casa da Cultura de Verín acollerá a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas, acto que organiza o Concello de Verín anualmente o 17 de maio coa colaboración de Supermercados Gadis. Na gala recitaranse os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e leranse os traballos que gañaron o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. O Conxunto Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín interpretará músicas de autores galegos.
|
|
Ler máis...
|
|
Programa de bolsas de internacionalización empresarial 2016 |
|
|
|
|
Venres, 16 Maio 2014 12:37 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 26 de abril de 2014, de ICEX España Exportación e Investimentos, pola que se convoca o programa de bolsas de internacionalización empresarial 2016.
|
|
Ler máis...
|
|
Contacontos, manualidades e monólogos na penúltima xornada da Semana das Letras Galegas en Verín |
|
|
|
|
Xoves, 15 Maio 2014 13:44 |
|
A Biblioteca Pública Municipal de Verín e o salón de actos do colexio María Inmaculada de Verín serán o escenario, na xornada de mañá, das penúltimas actividades culturais e educativas programadas polo Concello de Verín durante a Semana das Letras Galegas, co gallo de celebrar esta efeméride que este ano está adicada a Xosé María Díaz Castro.
|
|
Ler máis...
|
|
A Eurocidade Chaves-Verín AECT presente no seminario 'Xestión en saúde na rexión de Trás-Os-Montes e Alto Douro: que realidades...que desafíos...' |
|
|
|
|
Xoves, 15 Maio 2014 13:43 |
|
O director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, participará como relator no seminario 'Xestión en saúde na rexión de Trás-Os-Montes e Alto Douro: que realidades...que desafíos...', que se celebrará este sábado no auditorio da Escola Superior de Enfermagem de Chaves Dr. José Timóteo Montalvâo Machado.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 621 622 623 624 625 626 627 628 629 630 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 628 de 1008 |