Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Os/As menores da Ludoteca de Verán recadan fondos para axudar a unha nena do municipio PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Xullo 2014 12:54

Baixo o lema “Valeria, a túa loita é a nosa loita”, os nenos e nenas participantes nesta nova edición da Ludoteca de Verán - Campamento Urbano, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, recadarán fondos destinados ao tratamento de rehabilitación neurolóxica de Valeria De Dios, unha pequena verinense de catro anos que padece unha ataxia cerebelosa non filiada.

Ler máis...
 
Joel Núñez e Quique Fernández, gañadores dos sorteos das EDC de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 01 Xullo 2014 12:54

Os menores Quique Fernández Fernández e Joel Núñez Blanco resultaron gañadores dos sorteos presenciais dos agasallos do álbum das disciplinas competitivas EDC de Verín, promovido desde o Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín (AEVER-CCU Verín), para a tempada 2013-2014.

Ler máis...
 
'Soños de autor' na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Xuño 2014 13:06

A Sala de Exposicións de Verín acolle do 10 de xullo até o día 05 de agosto a mostra 'Soños de autor' do pintor Manuel Vázquez Ribada, coñecido co nome artístico Don Manuel.

Ler máis...
 
Fin de semana de éxitos deportivos das EDC Verín Fútbol, Fútbol-Sala e Atletismo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Xuño 2014 13:21

Este fin de semana disputouse a final da Copa Galicia de Fútbol Sala, na categoría de cadete, na que se enfrontaron o Burela e o EDC Verín, que tras un partido disputado venceu por 3 goles a 0, acadando así a Copa Galicia desta tempada.

Ler máis...
 
'Memorial Carlos Pérez Álvarez' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Xuño 2014 12:02

O vindeiro sábado 05 de xullo, ás 19.30 horas, terá lugar en Verín a celebración do 'Memorial Carlos Pérez Álvarez', unha homenaxe a este futbolista profesional nacido en Verín en 1971. Carlos Pérez (coñecido coma Carlos Álvarez en Portugal), xogou no Real Clube Celta de Vigo, UD Almería, GD Chaves, Vitória de Guimaraes SD, CD Nacional de Madeira e CD Ourense, antes de retirarse do mundo do fútbol e falecer tráxicamente o 5 de xullo de 2006, á idade de 34 anos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 601 602 603 604 605 606 607 608 609 610 Seguinte > Final >>

Páxina 610 de 1008
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>