Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Vinte e cinco alumnos obteñen o diploma do curso federativo de monitor de Fútbol Base en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Xaneiro 2015 14:44

Na tarde de onte tivo lugar a entrega de diplomas acreditativos do curso de monitor de fútbol base, celebrado nos últimos meses en Verín, e que contou coa participación de 25 alumnos dos municipios de Verín e Xinzo de Limia.

Ler máis...
 
O equipo alevín masculino do EDC Verín, 1º posto por clubes no Campionato de Galicia de Cross Corto de Clubes PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Xaneiro 2015 14:42

O conxunto alevín masculino do EDC Verín consigue o primeiro posto por clubes na competición por equipos do Campionato de Galicia de Cross Corto de Clubes, Campionato de Galicia Cadete e xuvenil de campo a través individual e por equipos e o Memorial Alejandro Lorenzo, disputado este pasado domingo na localidade lucense de Friol.

Ler máis...
 
Subvencións para fomentar a remuda comercial PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Xaneiro 2015 14:40

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 20 de xaneiro de 2015, da Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para fomentar a remuda comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN216A). Toda a información no seguinte enlace.


 
'Unha mirada sen fronteiras' na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 Xaneiro 2015 14:57

O fotógrafo José Luis Montes inaugura a exposición 'Unha mirada sen fronteiras' o sábado día 31 na Sala de Exposicións de Verín. A mostra permanecerá até o día 20 de febreiro e poderase visitar de luns a sábado das 10 ás 14 e das 17 ás 20:30 horas.

Ler máis...
 
Axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións en galego, subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas e axudas para o fomento do emprego PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 Xaneiro 2015 11:50

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación de axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego, Plan de inspección comercial da Xunta de Galicia para o ano 2015, subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas, axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 561 562 563 564 565 566 567 568 569 570 Seguinte > Final >>

Páxina 562 de 1008
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>