Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Sábado e Domingo de Corredoiro en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Febreiro 2015 14:27

Na xornada de mañá e o domingo continuará o ciclo do Entroido coa celebración do Sábado e Domingo de Corredoiro en Verín, con actividades aptas para todos os públicos.

Ler máis...
 
O programa “Termalismo Saudable 2015” amplíase, por primeira vez, aos/ás cidadáns/nas da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Febreiro 2015 14:23

A sede da Eurocidade Chaves-Verín AECT (antigo posto fronteirizo de Feces de Abaixo) acolleu esta mañá o acto de sinatura dun convenio de cooperación no ámbito de termalismo entre a Eurocidade e a Deputación de Ourense, a cargo do director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial e alcalde de Verín Juan Manuel Jiménez Morán, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco.

Ler máis...
 
Manuel Manquiña, pregoeiro do Xoves de Comadres en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Febreiro 2015 14:21

O vindeiro día 12 de febreiro, o actor Manuel Manquiña será o encargado de realizar o pregón dunha das xornadas máis participativas, orixinais e emblemáticas do Entroido de Verín: o Xoves de Comadres. Con grandes doses de humor e ironía, o actor aportará unha visión particular aos asuntos de actualidade nunha noite na que se iniciará de modo oficial o ciclo do Entroido na localidade.

Ler máis...
 
Puertas de Galicia, Xeodestino Verín – Viana, percorrerá as principais cidades galegas para promover os seus atractivos turísticos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Febreiro 2015 14:19

O Plan de Turismo Puertas de Galicia inicia a súa andaina de presentacións polas principais cidades de Galicia, co fin de amosar todos os recursos turísticos das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras (máis de 500 quilómetros sinalizados nas trece rutas cicloturísticas na comarca de Verín-Monterrei, e as doce de Conso-Frieiras xunto co centro BTT Puertas de Galicia; lagares rupestres, patrimonio cultural e natural, ou oferta gastronómica e vitivinícola da zona, entre outros).

Ler máis...
 
Probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2015 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Febreiro 2015 11:46

Desde a Escola de Familia Municipal infórmase da publicación da orde do 29 de xaneiro de 2015, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2015. Más información no seguinte enlace. Información e tramitación na Escola de Familia Municipal (edificio do antiguo Lavadoiro ou no teléfono 988-411468).

 
<< Inicio < Anterior 551 552 553 554 555 556 557 558 559 560 Seguinte > Final >>

Páxina 559 de 1008
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>