Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Subvencións para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Febreiro 2015 08:05

Desde o Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 30 de xaneiro de 2015, da Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN201H). Toda a información no seguinte enlace.

 
Os/As menores do Kero-Kedar e Kero-Kedar + percorrerán as rúas do centro histórico de Verín para celebrar o Entroido PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Febreiro 2015 14:41

Mañá 11 de febreiro, ás 18 horas, os/as menores dos programas 'Kero-Kedar' e  'Kero-Kedar +' da Escola de Familia do Concello de Verín realizarán un pequeno percorrido polas rúas do centro histórico da localidade, co obxecto de celebrar as festas do Entroido.

Ler máis...
 
Sábado e Domingo de Corredoiro en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Febreiro 2015 14:27

Na xornada de mañá e o domingo continuará o ciclo do Entroido coa celebración do Sábado e Domingo de Corredoiro en Verín, con actividades aptas para todos os públicos.

Ler máis...
 
O programa “Termalismo Saudable 2015” amplíase, por primeira vez, aos/ás cidadáns/nas da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Febreiro 2015 14:23

A sede da Eurocidade Chaves-Verín AECT (antigo posto fronteirizo de Feces de Abaixo) acolleu esta mañá o acto de sinatura dun convenio de cooperación no ámbito de termalismo entre a Eurocidade e a Deputación de Ourense, a cargo do director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial e alcalde de Verín Juan Manuel Jiménez Morán, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco.

Ler máis...
 
Manuel Manquiña, pregoeiro do Xoves de Comadres en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Febreiro 2015 14:21

O vindeiro día 12 de febreiro, o actor Manuel Manquiña será o encargado de realizar o pregón dunha das xornadas máis participativas, orixinais e emblemáticas do Entroido de Verín: o Xoves de Comadres. Con grandes doses de humor e ironía, o actor aportará unha visión particular aos asuntos de actualidade nunha noite na que se iniciará de modo oficial o ciclo do Entroido na localidade.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 551 552 553 554 555 556 557 558 559 560 Seguinte > Final >>

Páxina 554 de 1003
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>