|
Verín concéntrase contra a violencia de xénero |
|
|
|
|
Venres, 08 Maio 2015 14:33 |
|
A praza do Concello de Verín acolleu esta mañá unha concentración silenciosa, de cinco minutos, na que participaron representantes políticos e veciños/as da localidade co obxecto de condenar publicamente o acto de violencia de xénero que tivo lugar esta mañá no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, manifestar consternación pola morte da veciña María Isabel Fuentes Fernández e expresar solidariedade cos familiares e amigos/as.
|
|
Ler máis...
|
|
Comunicado institucional do Concello de Verín en repulsa o acto de violencia de xénero acontecido na xornada de hoxe |
|
|
|
|
Venres, 08 Maio 2015 11:09 |
|
O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, en nome de toda a corporación municipal, emite o seguinte comunicado institucional no que “condenamos publicamente o acto de violencia de xénero que tivo lugar hoxe en Ourense, e que terminou coa vida de María Isabel Fuentes Fernández. Queremos manifestar a nosa consternación pola súa tráxica morte, e a nosa solidariedade cos familiares e amigos/as desta veciña da localidade, acompañándoos nestes momentos de dor e pesar”.
|
|
Ler máis...
|
|
A Biblioteca Pública Municipal de Verín estrea páxina web: http://www.bibliotecadeverin.es |
|
|
|
|
Xoves, 07 Maio 2015 13:06 |
|
A Biblioteca Pública Municipal de Verín pon en funcionamento o seu novo portal: http://www.bibliotecadeverin.es, co obxectivo de seguir ofertando un servizos de calidade aos/ás verinenses/as.
|
|
Ler máis...
|
|
Un total de 21 alumnos participan en cursos de formación dual nas ramas sociosanitaria e forestal en Verín |
|
|
|
|
Xoves, 07 Maio 2015 13:00 |
|
Un total de 21 alumnos e alumnas están a participar en Verín en cursos de formación dual nas ramas sociosanitaria e forestal. A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitaron hoxe aos participantes desta iniciativa acompañados polos rexedores de Verín, Oímbra e Vilardevós.
|
|
Ler máis...
|
|
Resolución de concesión das axudas para novos emprendedores |
|
|
|
|
Xoves, 07 Maio 2015 11:30 |
|
Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 27 de abril de 2015, do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Toda a información nos seguintes enlaces: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150507/AnuncioO92-280415-0003_gl.html // http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 531 532 533 534 535 536 537 538 539 540 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 532 de 1008 |