Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín súmase a Marcha Reivindicativa en defensa do Támega. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Agosto 2018 09:39

O Concello de Verín súmase á iniciativa da organización ecoloxista “ADEGA- Monterrei. Salvemos o Támega” e apoiará a marcha reivindicativa en defensa do río Támega que se celebrará mañá, 9 de agosto, ás 19.30 horas, en Cerdedelo (Laza).

O percorrido chegará ata as balsas de residuos das obras do AVE, 400 metros nos que se protestará polos danos ambientais desta obra e os seus efectos para o noso río.

Ler máis...
 
O Concello e a Fundación Vázquez-Gulías divulgarán e investigarán a obra do arquitecto en Verín. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Agosto 2018 13:34

O Concello de Verín e a Fundación Váquez-Gulías, que recolle e analiza o legado do arquitecto ourensán, colaborarán na difusión e análise da obra deste xenial creador na vila do Támega, que aparece moito máis prolífica do que se pensaba nun principio. Alomenos sete edificios e obra funeraria foron obra de Gulías na capital de Monterrei, fronte ós tres que se recoñecían tradicionalmente.

Ler máis...
 
O Concello implementa un novo punto específico de captación de auga para emerxencias. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Agosto 2018 12:59

O Concello de Verín acaba de inaugurar un novo punto específico de captación de auga para emerxencias no  polígono de Pazos. Con este novo  hidrante, o ente municipal diminuirá os tempos de carga dos vehículos de emerxencias e evitará, en gran medida, o uso de auga potable na loita contra os incendios forestais e outro tipo de emerxencias.

Ler máis...
 
Os artistas Coti e Sés pratos fortes da XIII Feira do Viño da D.O. Monterrei. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Agosto 2018 11:39

Do 10 ao 12 de agosto, Verín acollerá unha nova edición da Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei.

Nesta ocasión participarán un total de 16 das 26 adegas que conforman a denominación, unha máis que na pasada edición. “Esta cifra consolida o apoio do sector vitivinícola a esta iniciativa”, destaca a presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Lara Da Silva Rodríguez.

Ler máis...
 
Verín celebrará o Torneo de Fútbol 3x3 AEVER – Concello de Verín 2018. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Agosto 2018 09:59

Hoxe, 1 de agosto, celebrouse na Casa do Concello de Verín a presentación oficial do Torneo  de Fútbol 3x3 AEVER – Concello de Verín 2018. Esta actividade celebrarase os vindeiros días 7, 8 e 9 de agosto na Praza García Barbón.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 Seguinte > Final >>

Páxina 287 de 1000
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>