A Biblioteca de Verín acolle a presentación da obra “Destellos”, de Ari Alonso |
|
|
|
Martes, 04 Setembro 2018 10:34 |
O xoves 6 de setembro, ás 19:00 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle a presentación do libro "Destellos", da autora verinesa Ari Alonso. |
Ler máis...
|
O Auditorio de Verín acolle a presentación do proxecto audiovisual “A memoria da Raia” |
|
|
|
Luns, 03 Setembro 2018 12:32 |
O próximo sábado día 8 de setembro, ás 20.00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a presentación do proxecto audiovisual independente “A Memoria da Raia”, taballo de Iris Justo Rodríguez e Miriam González Francisco que investiga as particularidades culturais, económicas e políticas na fronteira galego-portuguesa. |
Ler máis...
|
“O mundo está parado” de Guadi Galego no Auditorio Municipal de Verín |
|
|
|
Luns, 03 Setembro 2018 11:54 |
O sábado 15 de setembro, ás 21:00 horas, O Auditorio Municipal de Verín acolle o espectáculo “O mundo está parado” de Guadi Galego, evento coral no que a artista se fai acompañar dos músicos que participaron na gravación e arranxos do seu terceiro traballo en solitario así como colaboracións especiais. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín crea cinco espazos públicos para pegado de cartelería en puntos estratéxicos da vila |
|
|
|
Venres, 31 Agosto 2018 13:18 |
O grupo de goberno habilitará cinco paneis informativos en puntos estratéxicos da vila coa finalidade de mellorar a comunicación cos cidadáns, manter limpas as paredes da vila e reducir o uso innecesario de papel. Estes paneis teñen dous reversos, un reservado a información municipal e outro dispoñible para a libre expresión dos veciños, favorecendo así a accesibilidade informativa a todos os colectivos sociais de Verín. |
Ler máis...
|
Italia e Creta adheriranse á Rede Internacional de Lagares Rupestres nun acto no Museo do Claustro Mercedario |
|
|
|
Xoves, 30 Agosto 2018 11:19 |
Dous novos países, Italia e Creta, adheriranse á Rede Internacional de Lagares Rupestres nun acto en Verín, o próximo día 8 de setembro, no contexto do II Foro Internacional desta especialidade que acollerá o Museo Claustro Mercedario na vila do Támega. A comarca verinesa acolle a maior concentración destas pezas arqueolóxicas de España, un importante recurso turístico cuxo futuro será analizado nestas xornadas. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 Seguinte > Final >>
|
Páxina 283 de 1000 |