O FIC Vía XIV de Verín, que xa ten datas para a súa IX edición, apadriñará o Festival Entre Curtas de Chaves, que se celebra por vez primeira neste 2024 |
|
|
|
Mércores, 20 Marzo 2024 11:25 |
O Fic Vía XIV de Verín xa ten datas para a celebración da súa IX edición, unha convocatoria que chegará “cargada de novidades que se irán anunciando paseniñamente”, tal e como salienta o seu director, Carlos Montero. En concreto, o festival vaise desenvolver entre o 29 de agosto e o 8 de setembro coa idea de que a súa programación paralela “abranga dúas fins de semana e impactar así no maior número de persoas posible”, engade Montero. |
Ler máis...
|
Os stands participantes danlle un “sobresaínte” a organización do Lázaro 2024 |
|
|
|
Luns, 18 Marzo 2024 14:44 |
Esta mañá, o concelleiro da área de Transporte, Feiras e Xuventude, Manuel Lorenzo, e a concelleira de Festexos, Cultura, Turismo e Conservatorio, Samanta Barreira, realizaron un balance «máis que positivo» dos resultados da Feira do Lázaro de Verín, celebrada entre os días 16 e 17 de marzo no Pavillón Municipal de Deportes. Baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que os stands enquisados dan un sobresaínte á organización xeral do evento e aproban as vendas acadadas. |
Ler máis...
|
A remunicipalización do Servizo de Augas e Saneamento de Verín ofrecerá unha xestión directa «máis sostible e eficiente» |
|
|
|
Venres, 15 Marzo 2024 20:08 |
Esta mañá tivo lugar na casa consistorial de Verín un pleno extraordinario no que se aprobou definitivamente a remunicipalización do Servizo Municipal de Augas e Saneamento, co obxectivo de realizar una xestión directa «máis sostible e eficiente». |
Ler máis...
|
Trece establecementos hostaleiros participan na primeira edición do Concurso Gastronómico “Pincha no Lázaro” |
|
|
|
Luns, 11 Marzo 2024 14:36 |
A área de Feiras do Concello de Verín vén de anunciar a primeira edición do concurso gastronómico "Pincha no Lázaro". Do 14 ao 16 de marzo, tanto veciños como visitantes terán a oportunidade de converterse en críticos gastronómicos e elixir o seu pincho favorito. Ademais, os participantes optarán a un bono de 100€ para desfrutar en calquera dos establecementos de hostalería que participen no concurso. |
Ler máis...
|
O Concello De Verín Presenta máis dunha vintena de propostas variadas para O Lázaro 2024 |
|
|
|
Venres, 08 Marzo 2024 13:57 |
O Concello de Verín vén de presentar o programa oficial de actividades para o Lázaro 2024, que terá lugar os días 16 e 17 de marzo. Este ano, o ente municipal cebebra a súa tradicional festa patronal ofrecendo un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos. A programación oficial foi presentado esta mañá por Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería e Samanta Barreira, cencelleira de Turismo, Cultura, Festexo e Conservatorio de Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>
|
Páxina 29 de 995 |