Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín abre prazo para o Obradoiro do Cigarrón 2018-2019 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 16 Outubro 2018 12:44

O Concello de Verín manterá aberto, até o día 30 de outubro incluído, o prazo para a admisión de solicitudes de participación nas actividades do Obradoiro do Cigarrón  2018 – 2019. Pechado o devandito prazo, ordenaranse as solicitudes aplicándolle dous criterios de preferencia, que priorizarán  as solicitudes formativas que se teñan realizado para participar en todas as actividades, fronte ás solicitudes de formación parcial, e, de seguido, a orde de entrada da solicitude.

Ler máis...
 
“Día da Biblioteca”, contacontos e manualidades PDF Imprimir Correo-e
Martes, 16 Outubro 2018 12:42

O venres 19 de outubro, ás 18:00h, a Biblioteca Pública do Concello de Verín celebrará, de maneira anticipada,  o “Día da Biblioteca”. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidades con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, o persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Ler máis...
 
A Sala de Exposicións de Verín acolle as mostras fotográficas “EXPOpotiños 2017” e “María” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Outubro 2018 13:47

Do 16 de outubro ao 14 de novembro, a Sala de Exposicións de Verín acollerá as  mostras fotográficas “EXPOpotiños 2017”, da Asociación Fotográfica O Potiños, e “María”, de Manolo Celta & Pat Celta. 

Ler máis...
 
“Todos los saben” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Outubro 2018 11:15

Durante os días 19, 20 e 21  de outubro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película “Todos lo saben” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
Un total de 1.261 curtas optan a participar na III edición do FIC Vía XIV de Verín, que xa ten cartel ilustrador PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 13 Outubro 2018 08:44

Un total de 1.261 curtas procedentes de 55 países dos cinco continentes optan a participar na III edición do FIC Vía XIV, que se celebrará en Verín entre o 1 e o 9 decembro. O prazo de presentación dos traballos expirou o pasado xoves, día 11, e nos próximos días o equipo organizador do Festival encargarase de seleccionar aquelas curtas que mellor encaixen nas catro categorías do certame: Outra Mirada, Horizontes, A Raia e Nova.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 Seguinte > Final >>

Páxina 275 de 1000
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>