Verín falará de Europa coas institucións europeas, en dous debates de ti a ti |
|
|
|
Luns, 29 Outubro 2018 13:12 |
Verín converterase o próximo día 5 de novembro no primeiro municipio da provincia de Ourense en acoller a iniciativa “Habla de Europa en tu ciudad”, mediante a cal as Institucións Europeas, en colaboración co Concello de Verín, convidan os cidadáns a participar de forma activa no debate público sobre o futuro de Europa. |
Ler máis...
|
“Pesadillas 2: Noche de Halloween” e “La Monja” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Luns, 29 Outubro 2018 12:51 |
Durante os días 2, 3 e 4 de novembro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “Pesadillas 2: Noche de Halloween”, e “La Monja” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
Os comerciantes e empresarios de Verín apoian o desenvolvemento do FIC Vía XIV |
|
|
|
Venres, 26 Outubro 2018 13:37 |
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, Aever, apoiará a III edición do FIC Vía XIV coa posta en marcha dunha serie de accións promocionais en diversos establecementos da vila. O xerente de Aever, Jose Ángel Rodicio, comprometeu o apoio da organización que preside Santos Álvarez Diéguez ao director do certame, Carlos Montero, coa sinatura dun acordo de colaboración que incluirá un concurso de escaparates de película e sorteos de produtos, entradas e bonos para o certame. |
Ler máis...
|
Femuro presenta no Auditorio Municipal a exposición fotográfica “mulleres con historia” |
|
|
|
Xoves, 25 Outubro 2018 08:09 |
Maña venres 26, ás 20:00 horas, a Federación provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) presenta de maneira oficial a exposición fotográfica “Mulleres con historia” no Auditorio de Verín. Esta mostra, composta por un total de 23 fotografías de mulleres entre 7 e 45 anos, pretende visibilizar a mulleres do pasado e do presente, a aquelas que fixeron historia e que, ás veces, non se lles deu a importancia que merecen. Do mesmo xeito, tamén a aquelas mulleres anónimas que as representan nas fotografías e que teñen a súa propia historia. |
Ler máis...
|
O Museo Claustro Mercedario abre o prazo de matrícula para un novo curso de cata da UNED |
|
|
|
Xoves, 25 Outubro 2018 10:47 |
Os próximos 16 e 17 de novembro, o Museo Claustro Mercedario de Verín acollerá un novo curso de cata da UNED, neste caso sobre os viños brancos de Europa,. Esta acción formativa forma parte das actividades organizadas polo Concello de Verín, en colaboración coa D.O Monterrei, para a divulgación vinícola como un sinal de identidade da comarca. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 Seguinte > Final >>
|
Páxina 273 de 1000 |