Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A Biblioteca homenaxea un ano máis a Xesús Taboada Chivite cun ciclo temático PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Novembro 2018 13:59

Un ano máis,  a Biblioteca do Concello de Verín rende tributo á figura de D. Xesús Taboada Chivite, nas datas na que se conmemora o seu pasamento. 

Deste xeito, a Biblioteca Municipal terá aberta ao público, do 29 de novembro ao 31 de decembro, una  pequena mostra da correspondencia entre o Chivite e outros ilustres coetáneos, que darán fe da estreita relación do noso etnógrafo e escritor con outros insignes galeguistas, historiadores e escritores da época. Dentro do mesmo ciclo D. Paco López-Barxas presentará a súa nova obra Ben-Cho-Shey inédito, onde fará unha especial mención a D. Xesús Taboada Chivite. Ambos actos serán presentados, a través dun documento videográfico recuperado pola Biblioteca, por D. Antonio Fraguas (1905 – 1999), que é o homenaxeado nas Letras Galegas 2019.

Ler máis...
 
O Museo do Claustro Mercedario acollerá o domingo 2 de decembro a primeira exposición micolóxica de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Novembro 2018 12:24

A derradeira fin de semana de novembro Verín acollerá unha fin de semana adicada ó coñecemento, identificación e exposición dos fungos. Dende o venres ás seis da tarde, e ata as oito da tarde do domingo, o Museo do Claustro Mercedario acollerá as xornadas “Rocos, tortullos e cacabinas, I xornadas micolóxicas con acento de Verín”, que incluirá clases, saídas de campo e unha exposición que se poderá visitar o domingo no claustro. A inscrición -no Claustro- é gratuíta.

Ler máis...
 
Fontenova cede ao Concello de Verín o uso e aproveitamento do seu antigo balneario e dos terreos necesarios para a construción do novo “pulmón verde” do centro urbano de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Novembro 2018 14:34

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane,  e o propietario de Augas de Fontenova  S.A, José de Sousa  Sintra,  asinaron esta mañá un convenio de colaboración polo que  a empresa cede ao Concello de Verín, de forma gratuíta e por un prazo de vinte anos, o uso e aproveitamento da buvette de Fontenova así como dos terreos da súa propiedade que formarán parte do novo “pulmón verde” do centro urbano da vila

Ler máis...
 
O Museo do Claustro de Verín acolle mañá o segundo curso de cata da Uned PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 15 Novembro 2018 21:05


O Museo do Claustro Mercedario de Verín acolle dende mañán pola tarde o segundo curso de cata da UNED, dentro da serie “De Monterrei ó Mundo”. Neste caso estará adicado ós brancos de Monterrei dentro dos grandes caldos de Europa.
Ler máis...
 
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín apoia o Festival de Curtas patrocinando unha actividade dirixida aos máis pequenos baixo o título “Cinema de historias” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 14 Novembro 2018 14:42

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, presidida polo alcalde de Monterrei, Xosé Luis Suárez, apoiará o FIC Vía XIV cunha achega de 2.400 euros que servirá para financiar unha das actividades paralelas da programación dirixida aos cativos e cativas da zona. A actividade, denominada Cinema de historias, pretende espertar nos máis pequenos o amor polo cine e descubrirlles o poder que teñen as imaxes para transmitir historias.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 Seguinte > Final >>

Páxina 269 de 1000
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>