Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Máis de 300 escolares visitaron a exposición obxectivos do desenvolvemento sostible PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Febreiro 2019 13:32

Desde o pasado día 1 de febreiro, 332 alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria de catro institutos e colexios verinenses participaron, en visitas programadas polas súas aulas, nas exposicións Obxectivos do Desenvolvemento Sostible e 15 Visións: unha perspectiva de diferentes realidades desde o punto de vista da arte. Os 15 grupos, que participaron en horario escolar en actividades que se desenvolveron na Casa da Cultura e na Sala de Exposicións de Verín, pertencían ao IES Castro de Baronceli (1º a 4º de ESO), IES Xesús Taboada Chivite (1º de ESO), Colexio Apostólico Mercedario (alumnado de 1º a 4º de ESO) e Colexio María Inmaculada (1º, 2º e 3º de ESO).

Ler máis...
 
O Concello de Verín oferta un curso de interpretación teatral PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Febreiro 2019 13:02

O actor verinés Santiago Cañaveral, en colaboración coa área de Cultura do Concello de Verín, impartirá un curso de teatro na vila dende o mes de marzo ata xuño do presente ano. A actividade terá unha periocidade semanal, cunha división en dous grupos, mozos e adultos. Os eixos principais serán a expresión corporal e a interpretación, con orientación ao superamento de bloqueos emocionais.

Ler máis...
 
A Sala de exposicións de Verín acolle a mostra monográfica “Entroido é todo” de Aurora López PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Febreiro 2019 12:58

A Sala de Exposicións de Verín acolle, do 15 de febreiro ao 8 de marzo, a mostra monográfica “Entroido é todo”, na que a artista Aurora López presenta máis dunha vintena de obras en distintos soportes (tea, lenzo, papel…) e realizadas con técnicas moi diversas.

Ler máis...
 
O sector das telecomunicacións volve a liderar as reclamacións e consultas na Oficina Municipal de Consumo do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Febreiro 2019 13:41

Ao longo do ano 2018, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor de Verín pecha o ano 2018 cun total de 707 atencións (consultas, mediacións e reclamacións) realizadas. Ao igual co ano pasado, o sector con máis demandas segue sendo o das telecomunicacións (telefonía e internet) con 172 reclamacións, 45 mediacións (solucionadas vía teléfono) e 61 consultas.

Ler máis...
 
“Asterix: el secreto de la poción mágica e “La favorita” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Febreiro 2019 18:38

Durante os días 8, 9 e 10  de febreiro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “Asterix; el secreto de la poción mágica”, e “La favorita” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 Seguinte > Final >>

Páxina 257 de 1000
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>