O Domingo de Piñata clausura o Entroido de Verín |
|
|
|
Luns, 11 Marzo 2019 10:05 |
A celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido de Verín. Durante o acto tivo lugar un xantar popular, nun restaurante da vila, para os participantes nos desfiles de Entroido. Ao rematar, fíxose entrega dos galardóns de Honra, “Pescadilla” e Fidelidade e dos agasallos conmemorativos por parte de Gerardo Seoane Fidalgo, alcalde de Verín; Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde; as concelleiras de cultura e turismo, Emilia Somoza e Purificación Caldelas; e María Luísa Castro (Luisina).
|
Ler máis...
|
Centos de mulleres acoden os actos convocados polas entidades sociais da comarca |
|
|
|
Venres, 08 Marzo 2019 19:53 |
O CIM, a Federación Provincial de Mulleres Rurais (FEMURO), C.D.R. Portas Abertas e Cruz Vermella agradecen a gran participación no acto central do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.
Os actos comezaban ás 12:00h coa xuntanza comarcal para as mulleres na praza do Concello de Verín, que serviu de punto de encontro para crear un espazo comunitario. Ás 12:30h tivo lugar a lectura dun Manifesto, co fin de visibilizar as denuncias e esixencias baixo o lema “Mulleres diversas e con iguais dereitos”, e, de seguido, unha performance infantil “en representación da igualdade” contaba cas e cos máis cativas/os como protagonistas dunha xornada cargada de reflexións sobre os dereitos conquistados e reivindicacións en defensa do activismo das mulleres como medio para acadar unha igualdade de xénero efectiva. |
Ler máis...
|
“Capitana Marvel” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Xoves, 07 Marzo 2019 15:21 |
Durante os días 08, 09 e 10 de marzo, o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película Capitana Marvel no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
COMUNICADO OFICIAL - SUSPÉNDESE O DESFILE DO MARTES DE ENTROIDO POR INCLEMENCIAS METEOROLÓXICAS |
|
|
|
Martes, 05 Marzo 2019 16:20 |
Desde a concellería de Festexos do Concello de Verín infórmase que debido ás inclemencias meteorolóxicas e ás precipitacións que afectan neste momento á nosa localidade queda suspendido o desfile do martes de Entroido.
|
Ler máis...
|
Máis de mil cincocentos nenos e nenas participan no desfile infantil do Entroido de Verín |
|
|
|
Xoves, 28 Febreiro 2019 18:06 |
Un total de 1532 nenos e nenas, procedentes de 16 centros escolares da comarca verinesa, participaron no desfile infantil do Entroido de Verín. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 Seguinte > Final >>
|
Páxina 252 de 1000 |