Inauguración da Feira do Libro do Lázaro 2019 |
|
|
|
Venres, 05 Abril 2019 21:00 |
Coa inauguración da Feira do Libro do Lázaro, onde os representantes institucionais visitaron ós libreiros de #Verín, deron comezo as festividades do #Lázaro2019. Tamén abriu as súas portas o Museo do Claustro Mercedario, con dúas exposicións medioambientais para escolares.
|
Ler máis...
|
“Dumbo” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Xoves, 04 Abril 2019 14:35 |
Durante os días 5, 6 e 7 de abril, o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película “Dumbo” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
O Museo de Verín ofrecerá actividades de divulgación ambiental para escolares e a Feira do Libro volta a praza da Mercé no Lázaro |
|
|
|
Xoves, 04 Abril 2019 14:21 |
A próxima fin de semana a praza da Mercé voltará a ser o epicentro cultural de Verín, grazas ás celebracións propias do Lázaro. O Museo do Claustro Mercedario acolle as exposicións “A bolboreta monarca” e “Aves de Galicia”, do Centro de Extensión Universitaria e da Xunta de Galicia, respectivamente, dirixidas á comunidade escolar. A Feira do Libro comeza a tarde do venres tamén unha nova edición, coa presentación dunha obra do historiador Gerardo Dasairas. |
Ler máis...
|
AVISO IMPORTANTE: FEIRA DE ARTESANÍA DO LÁZARO |
|
|
|
Martes, 02 Abril 2019 17:08 |
? Desde o Concello de Verín informamos que por causas meteorolóxicas a Feira de Artesanía do Lázaro trasládase ao Pavillón Municipal de Deportes.
|
Ler máis...
|
O Museo do Claustro Mercedario de Verín acolleu esta fin de semana un curso para elaborar cervexas |
|
|
|
Luns, 01 Abril 2019 14:11 |
O Museo do Claustro Mercedario de Verín acolleu, dende o venres día 29 pola tarde ata a mañá do sábado día 30, un novo curso da UNED dentro da serie “De Monterrei ao Mundo” impardido polo sumiller Luis López. A través deste seminario coñecéronse as diversas formas de elaborar e clasificar as cervexas por todo o mundo, dende as cervexas de Monterrei ou as elaboradas con mosto de albariño, as alemanas de trigo, descubrindo a historia e evolución da mesma, ata as receitas existentes a día de hoxe, así como as materias primas necesarias para a súa elaboración. Tamén se analizaron os posibles defectos perceptibles nunha cervexa e como tratar de previlos, o correcto servizo tanto de presión como en botella e como realizar unha cata sensorial de cervexa. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 Seguinte > Final >>
|
Páxina 248 de 1000 |